Concello das Neves

A Comunidade de Montes de Setados inviste 204.000 euros na senda peonil e na mellora e humanización da parroquia

As obras na senda peonil en Setados, impulsadas pola Comunidade de Montes, están en marcha. As mesmas teñen como eixe fundamental a humanización da contorna, comezando polos accesos ao aparcamento do Centro Sociocultural, na antiga escola, cedida polo Concello das Neves, que tamén vén de axilizar e facilitar a autorización e trámites para realizar estes … Leer más

O Concello segue adiante coas obras de accesibilidade, en Santiago de Ribarteme, Santa Eulalia de Batalláns e Taboexa

O Goberno local segue adiante cos traballos de mellora da accesibilidade e seguridade vial, dentro do Plan de Accesibilidade do Concello das Neves 2019-2023, financiado polo ‘Plan Concellos 2022’ da Deputación de Pontevedra, cun orzamento de 118.994,86 euros. As obras, adxudicadas a Construcciones Vale S.L., teñen como finalidade facilitar a accesibilidade das veciñas e veciños … Leer más

Dende o luns, día 6, o Mercado municipal estará pechado dúas semanas para a realización de obras de mellora hixiénico-sanitarias

Dende o luns, día 6 de marzo, e durante un período de dúas semanas, o Mercado municipal permanecerá pechado pola realización de obras de mellora no mesmo. Estes traballos, aos que o Concello destina un orzamento de preto de 30.000 euros, son indispensábeis e inaprazábeis para adaptar a ‘praza’ das Neves ás normas  hixiénico-sanitarias ditadas … Leer más

Voluntariado As Neves fai público, un ano máis, o estado da conta “As Neves Zona 0”

Como xa é habitual, Voluntariado As Neves fai público, un ano máis, oestado da conta ‘As Neves Zona 0’👉  CONTAS As Neves Zona 0,  así como as actividades nas que estivo implicada e iniciativas nas que participou. Durante este último ano continuamos colaborando con todos os centros escolares das Neves a través do proxecto “O … Leer más

O Concello acomete obras de mellora do asfalto en tres pistas de Santiago de Ribarteme, San Xosé de Ribarteme e Taboexa

Este mes de setembro, o Concello realizará o reasfaltado de tres pistas en tres parroquias das Neves, logo de ter tramitado unha subvención do ‘Plan Marco’ da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). Os traballos están previstos no Camiño de A Bouza, en Santiago de Ribarteme, nunha superficie total de 242 metros a 3.5 metros … Leer más

O Concello segue adiante co seu proxecto de mellora de infravivendas e actuará en 7 casas de cinco parroquias

-Mellorará as condicións de vida de veciñas e veciños de San Xosé de Ribarteme, Tortoreos, Estación, Santiago de Ribarteme, San Pedro de Batalláns, Setados e Vide O Concello das Neves segue adiante coa rehabilitación de vivendas e xa ten en marcha as obras en dúas casas máis, unha na parroquia de San Xosé de Ribarteme … Leer más

Continúa o Plan de Accesibilidade do Concello das Neves, en Santa Eulalia de Batalláns, Taboexa e Santiago de Ribarteme

O Concello continúa co Plan de Accesibilidade a Vivendas das Neves 2019-2023, configurado como unha actuación continua que continuará, con varias obras, ao longo deste ano 2022. Para as mesmas, o Goberno municipal xa  solicitou financiación para diferentes traballos en Pasqueixóns, A Carrasqueira e A Escaravelleira, e acometerá a mellora doutros accesos con fondos propios. … Leer más

O Concello das Neves inicia a contratación temporal de 13 persoas

O Concello das Neves iniciará o proceso de contratación temporal de 13 persoas, ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. A subvención concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro do plan de obras e servizos Plan Concellos 2022-2023, correspondente á liña 3: emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais … Leer más