Concello das Neves

Acto de cambio de nome do Auditorio Municipal, que pasará a chamarse ‘José Gil’

O Auditorio Municipal cambiará de nome e pasará a chamarse ‘José Gil’. O último Pleno do Concello aprobou a proposta do Goberno local de que a principal sala de conferencias, concertos, actuacións, reunións, espectáculos e actos das Neves leve o nome dun dos nevenses máis sobranceiros. A proposición do Goberno contou cos votos a favor … Leer más

As Neves reivindica a súa memoria histórica cun libro sobre o seu pasado e coa retirada de símbolos franquistas

Este pasado venres foi un día de reivindicación da historia contemporánea e da memoria histórica no concello das Neves. Así se puxo de manifesto no acto organizado polo departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra e o propio Concello para a presentación do libro ‘As Neves. Notas de historia contemporánea 1836/1956’ de Xosé Ramón … Leer más

O alcalde asiste á presentación dos novos proxectos financiados polos fondos Next Generation na provincia

Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde das Neves, asistiu este xoves en Pontevedra á presentación, por parte do delegado do Goberno, José Miñones, a presidenta, Carmela Silva, e o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, dos novos proxectos que estarán financiados na provincia con cargo aos fondos europeos Next Generation. Os mesmos- que suman xa un total … Leer más