Concello das Neves

Acto de cambio de nome do Auditorio Municipal, que pasará a chamarse ‘José Gil’

O Auditorio Municipal cambiará de nome e pasará a chamarse ‘José Gil’. O último Pleno do Concello aprobou a proposta do Goberno local de que a principal sala de conferencias, concertos, actuacións, reunións, espectáculos e actos das Neves leve o nome dun dos nevenses máis sobranceiros. A proposición do Goberno contou cos votos a favor … Leer más

As Neves participará en ‘Da túa man rural’ iniciativa que impulsará o comercio e a hostalería local

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, participou na sede da Deputación de Pontevedra na posta en marcha de “Da túa man rural”, xunto coa presidenta do organismo, Carmela Silva, e os alcaldes e alcaldesas de Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, Rodeiro e Pontecesures. ‘Da túa man rural’ é unha iniciativa … Leer más

Comeza o ‘ano de José Gil’, o nevense considerado o pai do cinema en Galicia

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, e a concelleira de Cultura, Rocío Barreiro, asistiron no museo MARCO de Vigo, a poucos metros onde montou, en 1910, a primeira produtora da historia de Galicia, á presentación do proxecto “José Gil. Pontevedra, provincia de cine. Na orixe do cinema”, que renderá homenaxe durante todo este ano 2023, … Leer más