Concello das Neves

Salvaterra, Salceda e As Neves presentan, por segundo ano consecutivo, un proxecto de apoio ás mulleres

A alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, a tenente de alcaldesa de Salceda, LoliCastiñeirasm e a concelleira de Ensino e Benestar Social das Neves, Pilar González Casas, mantiveron unha xuntanza de traballo para preparar as bases e Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero, destinado a mulleres dos tres concellos, que suman … Leer más

Acto de cambio de nome do Auditorio Municipal, que pasará a chamarse ‘José Gil’

O Auditorio Municipal cambiará de nome e pasará a chamarse ‘José Gil’. O último Pleno do Concello aprobou a proposta do Goberno local de que a principal sala de conferencias, concertos, actuacións, reunións, espectáculos e actos das Neves leve o nome dun dos nevenses máis sobranceiros. A proposición do Goberno contou cos votos a favor … Leer más

Comeza o ‘ano de José Gil’, o nevense considerado o pai do cinema en Galicia

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, e a concelleira de Cultura, Rocío Barreiro, asistiron no museo MARCO de Vigo, a poucos metros onde montou, en 1910, a primeira produtora da historia de Galicia, á presentación do proxecto “José Gil. Pontevedra, provincia de cine. Na orixe do cinema”, que renderá homenaxe durante todo este ano 2023, … Leer más

Salceda, Salvaterra e As Neves seguen adiante co programa ‘Mulleres’

O programa ‘Mulleres’ continúa durante este mes de xullo, agosto e setembro, en Slceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves, con diferentes obradoiros e actividades. O xoves, 21 de xullo, ás 10:00h. na Aula de Formación (rúa Esperanza), está programado o obradoiro ‘Activa a túa mente’. Martes, 2 de agosto, ás 10:00h., tamén … Leer más

Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves suman forzas nun innovador proxecto de apoio ás mulleres

Os Concellos de Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves veñen de presentar ante a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia un Programa conxunto de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero destinado a mulleres dos tres municipios, que suman mais de 23.000 habitantes. O conxunto das actuacións do … Leer más