Concello das Neves

Indignación nos concellos do sur da provincia polo «desprezo e abandono» da Xunta tras os danos causados polas inundacións

Máis de dous meses dende as fortes inundacións sufridas o pasado Nadal, os alcaldes e alcaldesas de 13 concellos do sur da provincia de Pontevedra máis afectados polos temporais, reiteran a súa petición á Xunta de Galicia de que declare o territorio como Zona de Emerxencia de Protección Civil e estableza medidas de apoio económico … Leer más

Salceda e As Neves renovan dous anos máis o servizo conxunto de Atención Temperá

A alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón, e o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez, mantiveron xunto coas concelleiras de Servizos Sociais de ambos concellos, Angela Ledo e Pilar González, unha reunión para renovar o compromiso de prestación conxunta do Servizo de Atención Temperá e avaliar o impacto deste servizo na poboación. Ata 2024 Tanto … Leer más

As Neves, xunto con outros 12 concellos, urxe á Xunta a declaración de a zona de Emerxencia polos temporais

Alcaldesas e alcaldes de trece concellos do sur da provincia de Pontevedra afectados polas inundacións sufridas o pasado Nadal e Aninovo, urxen á Xunta de Galicia que declare o territorio como Zona de Emerxencia de Protección Civil e estableza medidas de apoio económico para asumir a rehabilitación dos municipios. Carta ao presidente da Xunta Xusto cando se cumpre un mes desta … Leer más