Concello das Neves

O alcalde volve a esixir á Xunta de Galicia que actúe xa, «coa máxima urxencia», no cruce de Setados, logo de producirse outro accidente

O alcalde esixiu, de novo, á Xunta de Galicia a que actúe xa, de xeito urxente, e acometa xa a reforma do cruce de acceso á parroquia de Setados. Xosé Manuel Rodríguez subliña que o Goberno municipal leva «8 longos anos» instando á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a que faga unha obra que é … Leer más

O alcalde urxe á Xunta a que tome medidas de inmediato no acceso a Setados logo do grave accidente do domingo

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, urxiu este mércores á Xunta de Galicia a que acometa xa, sen agardar máis,a reforma da rotonda da parroquia de Setados. Nun correo electrónico enviado á conselleira de Infraestruturas o alcalde reitera, como xa fixera na entrevista que mantivera con Ethel Vázquez, a principio de agosto, en Santiago, … Leer más

O alcalde mantivo unha reunión de traballo coa conselleira de Infraestruturas

Xosé Manuel Rodríguez plantexou a Ethel Vázquez a necesidade de mellorar o acceso á parroquia de Setados, no Carboeiro, tal e como reclaman os veciños dende hai máis dunha década O alcalde das Neves, mantivo unha reunión de traballo en Santiago coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para tratar varios temas pendentes que … Leer más