Concello das Neves

O Concello aproba o maior orzamento da súa historia

O Pleno do Concello das Neves aprobou este martes o Orzamento Municipal para 2023, o sétimo que saca adiante a coalición de Goberno BNG-PSOE e o maior de toda a historia das Neves. As contas saíron adiante cos 6 votos a favor dos representantes dos partidos de goberno e os 5 en contra do Partido … Leer más

O Concello pon a disposición da veciñanza un Servizo de Préstamo de Biotrituradoras

O Concello das Neves, vai poñer a disposición da veciñanza un Servizo de Préstamo de Biotrituradoras que ten coma finalidade fomentar a correcta xestión dos residuos de orixe vexetal, xerados no ámbito municipal. 👆 Deste xeito, todas e todos estamos contribuíndo a evitar que estes residuos rematen no circuíto de recollida do lixo, cos conseguintes … Leer más

Os veciños que non poden conectarse á rede municipal de sumidoiros, dispoñen dun servizo do Concello de baleirado de fosas sépticas

Para facilitar o tratamento das augas residuais e fosas sépticas  a aquelas veciñas e veciños de todas as parroquias que non poden conectarse á rede municipal de sumidoiros, o Concello das Neves pon en marcha un servizo, para reducir gran parte do custe ás e os usuarios. Así, é o Concello o que se encarga … Leer más

Lista de admitidos no campamento de verán ‘As Neves Concilia’

Premendo aquí 👉 As Neves Concilia. lista Admitidos   pódese consultar a listaxe de nenas e nenos  admitidos nos campamentos municipais de verán ‘As Neves Concilia’, organizado polo Concello. Conciliación O proceso de inscrición estivo aberto do 1 ao 17 de xuño para uns campamentos que teñen coma obxectivo facilitar a conciliación da vida familiar … Leer más

Estudantes do IES Pazo da Mercé, da man de ‘Ayuda en Acción’ fan do proxecto ‘As Neves Verde Autóctono’ un referente en todo o Estado

O alumnado do Consello Climático Xuvenil do IES Pazo da Mercé das Neves desenvolveron este luns unha actividade deportiva no medio natural do río Miño . Durante a mañá recoñeceron diferentes especies autóctonas de ribeira para comprender e valorar este ecosistema e o seu papel ecolóxico, ademais de analizar a súa importancia como barreira natural … Leer más

As Neves presente no Foro Galego Local de Economía Circular

O Concello das Neves asiste á primeira reunión do Foro Galego Local de Economía Circular (FOGALEC) que se está a celebrar en Santiago de Compostela. FOGALEC nace dunha iniciativa conxunta entre a FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) e o FIREC (Foro de Intercambio de Coñecemento sobre Residuos e Economía Circular), para crear un … Leer más

O Concello municipaliza a recollida de envases plásticos

O Concello municipaliza a recollida de envases plásticos

Dando un paso máis na xestión do lixo, dende primeiros de 2022 o Concello das Neves asumiu directamente a xestión do servizo de recollida de envases plástico, que ata agora prestaba a empresa privada Urbaser. Nos últimos anos a dotación de contedores, a mellora das frecuencias, a concienciación e o Plan Revitaliza triplicaron as toneladas … Leer más