Concello das Neves

O Concello das Neves realiza procesos de selección para contratar socorristas, peóns forestais e peóns de construción

O Concello das Neves está a realizar este mes de xuño varios procesos de selección de persoal temporal para distintos postos. En todos os casos os e as aspirantes terán que estar dados/as de alta no Servizo Público de Emprego (SEPE) como ‘demandantes’. En primeiro lugar selecciona a 2 Socorristas para a tempada de apertura … Leer más

Contratación dunha persoa para o posto de Arquitecto/a técnico/a

O Concello das Neves inicia o selección para a contratación laboral temporal, mediante contrato formativo para adquirir práctica profesional, de unha persoa con titulación de Grao en Enxeñería de Edificación/ Arquitectura Técnica ou equivalente, ao abeiro do programa ‘Primeira Experiencia Profesional’, no marco do Plan do Fomento da Empregabilidade, da Deputación de Pontevedra. As persoas … Leer más

Oferta e Selección para a Contratación Laboral Temporal de dúas persoas desempregadas, para os postos de Socorristas, do Servizo de Atención ás Piscinas Municipais

Subvención para entidades locais que contraten traballadores desempregados para a realización de obras e servizos de interés xeral e social. Concesión dunha subvención por importe de 7.066,20 € para a contratación de 2 persoas traballadoras desempregadas para a realización da obra ou servizo «ATENCIÓN ÁS PISCINAS MUNICIPAIS» Tal como se establece na resolución da concesión … Leer más

Aforro e eficiencia enerxética no alumeado público de San Pedro de Batalláns, A Abelleira, A Torre, Rubial, Coto de Lobos, A Cortegosa e A Rochiña

Aforro e eficiencia enerxética no alumeado público en As Neves (San Pedro de Batalláns, A Abelleira, A Torre, Rubial, Coto de Lobos, A Cortegosa e A Rochiña. O Concello das Neves acomete o proxecto (FEDER-EELL-2019-000534) de eficiencia enerxética financiado ao 80% con fondos da Unión Europea a través do IDAE e asumindo o lema «Unha … Leer más

Subvención: As Neves Concilia 2022

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego e Igualdade subvenciona a actividade “AS NEVES CONCILIA” durante o ano 2022, ó abeiro da Resolución do 7 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para … Leer más

O Boletín da Provincia publica as bases da subvención do Concello das Neves ás comunidades de usuarios de augas

Bases e convocatoria para a concesión de subvencións municipais en réxime de concorrencia competitiva ás comunidades de usuarios de augas de consumo do concello de As Neves para a realización de melloras das instalacións durante o ano 2022.   Bases Subvencións Comunidades de Augas 2022 Anexo I Solicitude Subvención Comunidades de Augas Anexo II Certificado … Leer más

Subvención para axudas básicas de emerxencia 2022

A Deputación de Pontevedra adxudica ao Concello de As Neves subvención para o financiamento e prestación das axudas básicas de emerxencia nos servizos sociais comunitarios, estas axudas van dirixidas a proporcionarlles aos concellos de menos de 20.000 habitantes apoio económico, de maneira excepcional e extraordinaria, para poderen atender as demandas de necesidade urxente e puntual … Leer más

Aforro e eficiencia enerxética no alumeado público de San Cibrán, Sequeiros, O Outeiro, A Portela, A Estrema, Rodeiro, A Cernada, Portela, Santa Eulalia, Lentille y O Couto.

Aforro e eficiencia enerxética no alumeado público en As Neves (San Cibrán, Sequeiros, O Outeiro, A Portela, A Estrema, Rodeiro, A Cernada, Portela, Santa Eulalia, Lentille y O Couto). O Concello das Neves acomete o proxecto (FEDER-EELL-2019-000534) de eficiencia enerxética financiado ao 80% con fondos da Unión Europea a través do IDAE e asumindo o … Leer más

Renovación enerxética da Casa da Xuventude

 O Concello das Neves cos fondos do Idae (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía) renova enerxéticamente a Casa da Xuventude. Cunha inversión de arredor de 200.000 euros cambiase principalmente a cuberta e todo o cerramento exterior, é dicir, portas, ventas e vidrieiras. Investimento total: 272.966,65 euros. Investimento elexible: 254.737,44 euros. Axuda: 203.789,95 … Leer más

O Concello pagou xa as axudas pola pandemia a pequenas empresas, comercios e locais de hostalaría

O Concello das Neves xa pagou as achegas a pequenas empresas e locais de hostalería e comercio, correspondentes ás axudas aos sectores máis castigados pola pandemia. O Goberno local aprobou todas as solicitudes presentadas, doce- agás unha que non cumpriu cos requisitos- por importes que van dende 969,55 a 2.985,53€. O total dispoñible para este … Leer más