Concello das Neves

Vide estrea a experiencia de ‘Mulleres Extramuros’ que encherá a parroquia de arte contemporánea

Arte de vangarda, mundo rural, igualdade, sostibilidade e intervención do espazo público son as claves do proxecto da “Mulleres Extramuros” cuxa segunda edición vén de arrancar nas Neves, impulsada pola Deputación. A parroquia de Vide tomou o relevo á parroquia de Cortegada en Silleda, lugar protagonista o pasado ano. A Casa da Auga foi o … Leer más

Todo listo en Vide para iniciar ‘Mulleres Extramuros’ o vindeiro sábado 4 de marzo

A 2ª edición de “Mulleres Extramuros” que comezou en 2022 en Cortegada, no concello de Silleda, chegará o vindeiro sábado, día 4 de marzo a Vide, para encher esta parroquia das Neves de proxectos artísticos deseñados por e con mulleres o núcleo de Vide. A través desta iniciativa colaborativa, presentada o pasado día 13 pola … Leer más

As Neves acollerá, en Vide, a 2ª edición de ‘Mulleres Extramuros’

Tiro de saída á segunda edición de “Mulleres Extramuros” que comezou o pasado ano en Cortegada (Silleda) e chega  ata As Neves para encher de proxectos artísticos deseñados por e con mulleres o núcleo de Vide. A través desta iniciativa colaborativa, presentada pola presidenta da Deputación Carmela Silva, o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez … Leer más

As Neves será o concello que acolla en 2023 o proxecto ‘Mulleres Extramuros’

A Deputación de Pontevedra presentou este sábado na Culturgal, o proxecto “Mulleres Extramuros”, de interacción, intervención, creación e convivencia de artistas plásticas no rural, que este ano 2022 se desenvolveu con enorme éxito na parroquia de Cortegada, en Silleda.

As Neves toma a remuda

A presidenta do organismo provincial, Carmela Silva, tamén desvelou en primicia que, tomando a remuda de Cortegada,
será o Concello das Neves e concretamente a parroquia de Rubiós, quen acolla en 2023 a segunda edición de “Mulleres Extramuros”. “As Neves é un concello marabilloso con paraxes extraordinarios, de xente rexa e forte, moi activa, e farémolo no núcleo de Rubiós onde se fai moita cultura”.

Unha grande oportunidade

Xunto á presidenta interveu un feliz alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, que apuntou que trátase dun “enorme pracer, dunha grande oportunidade,  que non só pon a arte ao alcance do territorio rural no que vivimos,  senón que nos dá unha singularidade cara ao exterior, supoñendo un punto de atracción para os nosos e nosas visitantes, de xeito que a xente que é de fóra das Neves mire para aquí”.

Por iso, asegurou, dixemos inmediatamente que si a esta proposta da Deputación, e formulamos e defendemos un programa ambicioso que rebase os límites das Neves”. “Non se me ocorre mellor lugar de Rubiós, rematou, o lugar onde naceu José Gil, un dos precursores do cinema en galego, e onde as mulleres son as que maioritariamente participan”.

Leer más