Concello das Neves

O Concello segue adiante co seu proxecto de mellora de infravivendas e actuará en 7 casas de cinco parroquias

-Mellorará as condicións de vida de veciñas e veciños de San Xosé de Ribarteme, Tortoreos, Estación, Santiago de Ribarteme, San Pedro de Batalláns, Setados e Vide O Concello das Neves segue adiante coa rehabilitación de vivendas e xa ten en marcha as obras en dúas casas máis, unha na parroquia de San Xosé de Ribarteme … Leer más

Salceda, Salvaterra e As Neves seguen adiante co programa ‘Mulleres’

O programa ‘Mulleres’ continúa durante este mes de xullo, agosto e setembro, en Slceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves, con diferentes obradoiros e actividades. O xoves, 21 de xullo, ás 10:00h. na Aula de Formación (rúa Esperanza), está programado o obradoiro ‘Activa a túa mente’. Martes, 2 de agosto, ás 10:00h., tamén … Leer más

Ábrese o prazo de inscrición para a actividade para maiores en Setados: «Compartindo Xuntas»

O Concello abre este luns, día 4 de abril, o prazo de inscrición para as actividade ‘Compartindo Xuntas’ para maiores en Setados. Trátase de propostas  grupais de memoria, manualidades, grupos de conversa e xogos que ten coma obxectivo «pasalo ben e tecer lazos entre veciñas», sinala a concelleira de Servizos Sociais , Pilar González Casas. … Leer más

Avelaíña inaugura un novo centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral que dará cobertura ás Comarcas de O Condado, A Paradanta e Salceda

A concelleira de Servizos Sociais das Neves, Pilar González Casas, asistiu este martes á inauguración do novo Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Avelaíña en Ponteareas. Moderno e amplo, dispón de 314 m2- incluíndo unha sala de equipo, despacho para a psicóloga, un obradoiro ocupacional e sala polivalente-, na Rúa Dos Carballos, número 9. … Leer más