Concello das Neves

Día das persoas usuarias da Biblioteca

O pasado martes 11, data na que se conmemorou o ‘Día das Persoas Usuarias das Bibliotecas’, o Concello das Neves agasallou as dúas usuarias que máis préstamos bibliotecarios realizaron durante o ano 2021. Foron dúas cativas que visitan a Biblioteca Municipal con moita asiduidade e que de seguro son embaixadoras da lectura. Dende o Concello … Leer más

Empezan as obras do novo acceso rodado ao Centro de Saúde das Neves

O Concello iniciou esta semana as obras para crear un novo acceso rodado ao Centro de Saúde das Neves. Este novo acceso estará ao carón da actual entrada peonil, dende estrada PO-415, de xeito que, unha vez rematado, fará de entrada de vehículos mentres que a actual pasará a ser de saída. 48.000€ e un … Leer más

As Neves asina coa Deputación un convenio que permitirá acometer a humanización da Travesía Eira da Liñaza

O alcalde asinou hoxe coa presidenta da Deputación de Pontevedra , Carmela Silva, un convenio que permitirá facer realidade o proxecto de recuperar para as veciñas e veciños o espazo público na vila. Este primeiro paso darémolo, salientou Xosé Manuel Rodríguez Méndez, coa  humanización da  Travesía Eira da Liñaza. A mesma será posible coa incorporación … Leer más

Fátima e os seus dous fillos xa están vivindo nas Neves grazas á concesión dun alugueiro social

Fatima e os seus dous fillos de 7 e 11 anos volveron ás Neves e viven xa nunha casa propiedade do Concello, grazas á concesión dun alugueiro social. A familia recibira un durísimo golpe cando o pasado 11 de decembro un incendio que se declarara hora na súa vivenda da rúa Entrecíns causara a morte … Leer más

Atención 24 h para necesidades derivadas da Covid-19

O teléfono é o 689 89 42 10 Dende a Área de Servizos Sociais do Concello das Neves lembramos que está activo as 24 horas este número de teléfono:  689 89 42 10,  para atender necesidades derivadas das corentenas ocasionadas pola Covid-19. Trátase de ofrecer axuda para tarefas fundamentais que nalgúns casos resultan imposibles por … Leer más

O alcalde denuncia a situación de colapso da Atención Primaria

O alcalde denuncia a situación de colapso da Atención Primaria

Advirte da demora nas consultas que afecta a pacientes con patoloxías crónicas, que non poden agardar O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, xunto coas alcaldesas de Ponteareas, Tomiño e O Rosal, ademáis de verios deputados no Parlamento de Galicia, denunciou hoxe diante da Delegación da Xunta en Vigo, a situación de precariedade, mesmo de … Leer más

O Concello das Neves expresa o seu pesar pola morte de Benito Torreiro

A Corporación Municipal das Neves lamenta a  tráxica morte de Benito Torreiro Sío. Benito, diplomado en Ciencias Sociais e Educación Infantil, tivo unha destacada traxectoria no eido do Ensino, sendo mestre na Escola Unitaria de Tortoreos, socio fundador do Movemento de Renovación Pedagóxica ‘Escola Viva’ e secretario Comarcal da Federación de Ensino (FETE-UXT) en Vigo. … Leer más

Aberto o prazo para solicitar as axudas da Xunta para a rehabilitación enerxética da vivenda

Paneis solares no tellado

Os interesados en acollerse ás axudas para Actuacións de Rehabilitación Enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico, o chamado PREE 5000, poden presentar a súa solicitude a partir deste, luns 3 de xaneiro, ata o 30 de setembro. A Xunta publicou en novembro a resolución pola que se convocan estas achegas, que podes … Leer más

O Goberno local das Neves leva o xoves, día 30, a Pleno o Orzamento para 2022

O Goberno local das Neves presentará ao Pleno da Corporación, este vindeiro xoves, día 30 de decembro (19:00h.) para a súa aprobación, o Orzamento do Concello para o ano 2022. Como sucedera coas contas deste ano, a proposta reflicte a cohesión do Goberno, plasmada na elaboración en prazo do Orzamento, e con pleno acordo, tanto na … Leer más