Vías-e-Obras
Plan de Mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2023-2024
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) concedeulle ao Concello das Neves, ao abeiro da convocatoria do Plan de Mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (DOG nº 44 do 3 de marzo … Leer más
O Pleno do Concello aproba por unanimidade esixir á Xunta á mellora do acceso a Setados para acabar cos seus graves problemas de seguridade
O Pleno do Concello aprobou, co voto unánime de todas a súas concelleiras e concelleiros, esixir á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que execute, de inmediato, o proxecto de «Mellora da intersección do kilómetro 9+980 da estrada PO-400»- o cruce de Setados – para resolver os «graves problemas de seguridade viaria que padece a parroquia … Leer más
En proceso, traballos de ‘bacheo’ e retirada de raíces en todas as parroquias
Continúan en todo o concello os traballos de bacheo e retirada de raíces, iniciados a principio de ano e con cargo ao Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra. Traballos de conservación de vías Durante o ano pasado, os servizos municipais realizaron obras de reasfaltado e eliminación de fochancas en máis de 20 quilómetros de … Leer más
Remata a mellora da vía entre a Área recreativa de Chan de Vide e a PO-400
O Concello vén de rematar a senda para peóns e o repintado da vía entre a área recreativa de Chan de Vide e a estrada PO-400. Enlazan zonas de lecer, vivendas, escola e o supermercado da parroquia. Os traballos comezaran a finais do mes de marzo e abranguen a limpeza da beiravía, a sinalización horizontal … Leer más
A Comunidade de Montes de Setados inviste 204.000 euros na senda peonil e na mellora e humanización da parroquia
As obras na senda peonil en Setados, impulsadas pola Comunidade de Montes, están en marcha. As mesmas teñen como eixe fundamental a humanización da contorna, comezando polos accesos ao aparcamento do Centro Sociocultural, na antiga escola, cedida polo Concello das Neves, que tamén vén de axilizar e facilitar a autorización e trámites para realizar estes … Leer más
O Concello segue adiante coas obras de accesibilidade, en Santiago de Ribarteme, Santa Eulalia de Batalláns e Taboexa
O Goberno local segue adiante cos traballos de mellora da accesibilidade e seguridade vial, dentro do Plan de Accesibilidade do Concello das Neves 2019-2023, financiado polo ‘Plan Concellos 2022’ da Deputación de Pontevedra, cun orzamento de 118.994,86 euros. As obras, adxudicadas a Construcciones Vale S.L., teñen como finalidade facilitar a accesibilidade das veciñas e veciños … Leer más
O alcalde invita ao presidente Rueda a que se achegue ás zonas das Neves afectadas polo temporal de xaneiro
Xosé Manuel Rodríguez, alcalde das Neves, espera que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, atope tempo na durante a súa visita electoral ao noso concello para achegarse a algunha das zonas afectadas polos asolagamentos causados polos temporais do 1 de xaneiro. O rexedor lembra que 13 alcaldesas e alcaldes dos concellos do sur da provincia … Leer más
Reparación do afundimento na pista da Estrema, en San Xosé de Ribarteme
O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, e o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Marcelino Couto, estiveron na pista da Estrema, en San Xosé de Ribarteme, onde van comezar as obras para reparar o afundimento que se produciu no lugar. Os traballos, que poden iniciarse unha vez que o Concello recibiu a … Leer más