Concello das Neves

O Concello das Neves contrata a 10 persoas desempregadas, a xornada completa, con cargo ao ‘Plan Concellos’ da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra aprobou a concesión dunha subvención ao Concello das Neves, ao abeiro do ‘Plan Concellos 2023′, Liña 3, para a activación do Emprego, por importe de 125.398,98 euros. Con cargo aos mesmos o Concello das Neves contratará a 10 persoas desempregadas, a xornada completa durante o ano 2023: Dous Fontaneiros, 6 meses, tres peóns … Leer más

Proceso selectivo de estabilización de 13 prazas de persoal laboral fixo e funcionario, no Concello das Neves

Trátase dunha convocatoria que é de quenda libre e ten coma obxectivo a mellora na prestación dos servizos públicos. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o día 25 de marzo de 2023 a convocatoria dunha Oferta de Emprego para cubrir 13 postos de traballo, de funcionario e de persoal laboral fixo, para o Concello … Leer más

Obradoiro de capacitación para o acceso ao emprego

O vindeiro xoves 22 de setembro desenvolverase o derradeiro obradoiro do programa ‘Mulleres’. Será de 10 a 12 horas na aula de formación, enriba de Correos. É un obradoiro de capacitación para o acceso ao emprego, procesos de selección, habilidades de comunicación e construción definitiva do perfil e o CV. Calquera muller interesada pode participar … Leer más

O Concello das Neves realiza unha selección de operarios de servizos múltiples

O Concello das Neves vén de poñer en marcha un proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego de operarios de servizos múltiples a efectos de contratación laboral temporal para substitucións. Trátase dun concurso-oposición e o prazo para presentación de solicitudes é de 15 días naturais contados a partir deste xoves, día 21 de … Leer más