Concello das Neves

As Neves aumenta a reciclaxe e reduce a contaminación, pasado un ano da municipalización do Servizo de Recollida de Envases de Plástico

Xa pasou un ano dende que o Concello das Neves municipalizara o Servizo de Recollida de envases de plástico (colector amarelo) e asumise directamente a xestión do mesmo, que ata daquela prestaba a empresa privada Urbaser. O concelleiro responsable de Limpeza e Medio Ambiente e segundo tenente de alcalde, Óscar González, lembra que nos últimos … Leer más

Activación da oficina de información turística

Activación da oficina de información turística O Concello das Neves foi beneficiario dunha subvención da Deputación Provincial de Pontevedra, para o financiamento dos custos da prestación de servizos de información e atención ao público en Oficinas de Turismo 2023 (publicadas no BOPPO núm. 15 de 23 de xaneiro de 2023). A subvención concedida foi de … Leer más

Proceso selectivo de estabilización de 13 prazas de persoal laboral fixo e funcionario, no Concello das Neves

Trátase dunha convocatoria que é de quenda libre e ten coma obxectivo a mellora na prestación dos servizos públicos. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o día 25 de marzo de 2023 a convocatoria dunha Oferta de Emprego para cubrir 13 postos de traballo, de funcionario e de persoal laboral fixo, para o Concello … Leer más

As Neves acolleu a presentación do proxecto “Viña e Froita”, co que o GDR Condado Paradanta aposta por explotar a viticultura e fruticultura

A Casa da Xuventude das Neves,  ateigada de asistentes, acolleu este venres a presentación dun proxecto do GDR Condado Paradanta, que explorará a viticultura e a fruticultura como novas alternativas para as terras agrarias, a través do proxecto de cooperación LEADER “Viña e Froita”, que promove o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) e o GDR … Leer más

Reparación do afundimento na pista da Estrema, en San Xosé de Ribarteme

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, e o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Marcelino Couto, estiveron na pista da Estrema, en San Xosé de Ribarteme, onde van comezar as obras para reparar o afundimento que se produciu no lugar. Os traballos, que poden iniciarse unha vez que o Concello recibiu a … Leer más

A XXX Feira do Requeixo e do Mel xa ten cartaz

A XXX Edición da Feira do Requeixo e do Mel das Neves, xa ten cartaz. O xurado elixiu a obra da artista Sandra Táboas González, titulada ‘As mulleres de sempre’, como a imaxe da feira deste ano que se celebrará os vindeiros días 7 e 8 de abril. Sandra, veciña de San Pedro de Batalláns, … Leer más

Indignación nos concellos do sur da provincia polo «desprezo e abandono» da Xunta tras os danos causados polas inundacións

Máis de dous meses dende as fortes inundacións sufridas o pasado Nadal, os alcaldes e alcaldesas de 13 concellos do sur da provincia de Pontevedra máis afectados polos temporais, reiteran a súa petición á Xunta de Galicia de que declare o territorio como Zona de Emerxencia de Protección Civil e estableza medidas de apoio económico … Leer más

O Concello segue cos traballos de mantemento das escolas unitarias e o colexio das Neves

A Concellería de Ensino, que dirixe Pilar González Casas, segue a traballar para manter en bo estado as  escolas unitarias  de Rubiós e Taboexa e CEIP das Neves.   «Está semana remata a pintura da aula de psicomotricidade da escola de Taboexa e tamén se limparon os xardíns exteriores, tanto nesta escola coma na de … Leer más

As Neves celebra o #8M facendo visibles a mulleres invisibles

As Neves celebrou este mércores o Día Internacional da Muller, xunto coas alumnos e alumnas do IES Pazo da Mercé, centro no que decubriron un mural deseñado por Ainara Álvarez, ex alumno dio instituto que gañou en 2021 o 1º Premio do Concurso Mulleres de Galicia, coa obra que conmemorou este #8M, realizada por Aldara … Leer más

Este martes 7 de marzo, ás 20:00h., Pleno do Concello

Este martes, día 7 de marzo, ás 20:00 h. celébrase na Casa do Concello, o Pleno Ordinario da Corporación municipal das Neves. Como xa é habitual, a sesión pode seguirse en directo por streaming, entrando no muro do portal de Facebook municipal: https://www.facebook.com/concelloasneves. Esta é a orde do día