Concello das Neves

Aberta a inscrición para o Curso de Novas Tecnoloxías orientado a Persoas Maiores

A  Asociación Amigos de Galicia en colaboración co concello de As Neves, organiza un curso gratuíto de novas tecnoloxías orientado  a persoas maiores co fin de facilitar o uso das ferramentas dixitais de uso diario que se  impartirá en varias  parroquias do concello.   Programa: uso das máquinas de quendas de centros públicos, funcionamento de caixeiros automáticos, … Leer más

O alcalde das Neves asina o protocolo para a creación dunha ‘Eurocidade’, xunto con Arbo, Crecente, A Cañiza e Melgaço

O alcalde das Neves  asinou xunto cos rexedores de A Cañiza, Arbo, Crecente, e o presidente da Cámara Municipal de Melgaço, un protocolo de cooperación para crear, entre os cinco concellos unha «Eurocidade». Xosé Manuel Rodríguez Méndez que a cooperación transfronteiriza é esencial para estreitar a unión persoal, social, histórica, cultural e económica que existe … Leer más

Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves suman forzas nun innovador proxecto de apoio ás mulleres

Os Concellos de Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves veñen de presentar ante a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia un Programa conxunto de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero destinado a mulleres dos tres municipios, que suman mais de 23.000 habitantes. O conxunto das actuacións do … Leer más

Aberto o prazo de solicitude para a atención de ‘Coidados Porta a Porta’ que estará nas Neves os días 4, 5 e 6 de maio

A Consellería de Política Social e Silman 97, a través do programa «Coidados Porta a Porta», prestará, de xeito gratuito, unha serie de servizos destinados ás persoas maiores, en unidades móbiles que estarán nas Neves, os vindeiros días 4,5 e 6 de maio, nos arredores do Centro de Saúde. Solicitude de cita Os servizos, que … Leer más

Aberto o prazo para solicitar praza en balnearios e talasos a través de ‘Depotermal’

Logo de dous anos de parón por mor da pandemia, as persoas que desexen participar en “Deportermal” xa poden realizar as inscricións para poder desfrutar dunha das case 4.500 prazas que ofrece este programa de termalismo, impulsado  pola Deputación de Pontevedra. 15 días para facer a inscrición Así, as persoas interesadas teñen un prazo de 15 días para presentar … Leer más

Ábrese o prazo de inscrición para a actividade para maiores en Setados: «Compartindo Xuntas»

O Concello abre este luns, día 4 de abril, o prazo de inscrición para as actividade ‘Compartindo Xuntas’ para maiores en Setados. Trátase de propostas  grupais de memoria, manualidades, grupos de conversa e xogos que ten coma obxectivo «pasalo ben e tecer lazos entre veciñas», sinala a concelleira de Servizos Sociais , Pilar González Casas. … Leer más

Avelaíña inaugura un novo centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral que dará cobertura ás Comarcas de O Condado, A Paradanta e Salceda

A concelleira de Servizos Sociais das Neves, Pilar González Casas, asistiu este martes á inauguración do novo Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Avelaíña en Ponteareas. Moderno e amplo, dispón de 314 m2- incluíndo unha sala de equipo, despacho para a psicóloga, un obradoiro ocupacional e sala polivalente-, na Rúa Dos Carballos, número 9. … Leer más

Admitidas todas as solicitudes para o ‘Taller de Defensa Persoal para Mulleres’

Rematado o prazo de inscrición para o ‘Taller de Defensa Persoal para Mulleres’, orientado a veciñas das Neves maiores de 12 anos, o Concello informa de que todas as solicitudes foron admitidas. O taller comezará o mércores 2 de marzo ás 18.30 horas e  impartirase os mércores e venres en sesións de 50 minutos, de … Leer más

Aberto o prazo de inscrición do ‘Taller de Defensa Persoal para Mulleres’

O Concello vén de abrir o prazo de inscrición para un ‘Taller de Defensa Persoal para Mulleres’, orientado ás veciñas  maiores de 12 anos que desexen participar. Impartirase os mércores e venres en sesións de 50 minutos, de 18:30 a 19:20 horas. • Lugar: Sala Multiusos no Centro Social de As Neves • Duración: 1 mes. … Leer más