Concello das Neves

Aberto, dende hoxe, o prazo de reserva de praza para os ‘Campamentos de Verán’

Dende este xoves, día 1, e ata o vindeiro 20 de xuño (os dous incluidos)  está aberto o prazo de solicitude de reserva de praza para os ‘Campamentos de Verán’ das Neves. As familias interesadas deberán presentar nos Servizos Sociais do Concello, persoalmente, a través do correo electrónico servizossociais@asneves.gal ou por medio da sede electrónica … Leer más

Salceda e As Neves renovan dous anos máis o servizo conxunto de Atención Temperá

A alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón, e o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez, mantiveron xunto coas concelleiras de Servizos Sociais de ambos concellos, Angela Ledo e Pilar González, unha reunión para renovar o compromiso de prestación conxunta do Servizo de Atención Temperá e avaliar o impacto deste servizo na poboación. Ata 2024 Tanto … Leer más

Abre o prazo de inscrición para a actividade ‘Compartindo Xuntas’

Ábrese o prazo de inscrición para as veciñas que queiran participar na actividade  “Compartindo Xuntas”,  de xaneiro a xullo do 2023. Trátase de actividades grupais de memoria, manualidades, grupos de conversa e xogos, para pasalo ben e tecer lazos entre veciñas dentro do programa exercicios saudables. A Inscrición pode facerse en: Servizos Sociais Sede electrónica … Leer más

Aberto o prazo de solicitude dos bonos dixitais para facilitar a contratación de banda longa

O Diario Oficial de Galicia publicou o listado das entidades colaboradoras que participarán na xestión dos bonos dixitais para a conectividade de colectivos vulnerables, polo que os cidadáns interesados poderán solicitar os bonos ata o 16 de decembro, dacordo con: bonos dixitais. Solicitudes Co obxecto de facilitar o proceso de solicitude dos bonos, as persoas interesadas … Leer más

Cursos de formación no coidado de menores

Femupo ( Federación pola Igualdade das Mulleres da provincia de Pontevedra)  en colaboración  co Concello de As Neves,  activa  o ‘Plan Corresponsables’ para dignificar o sector dos coidados e favorecer a conciliación de familias con menores dende un enfoque de igualdade entre mulleres e homes.  Ofrecerase formación co obxectivo de transformar en actividade laboral regulada … Leer más

Lista de admitidos e admitidas na actividade de ‘Exercicios saudables para maiores’

Unha vez pechado o prazo de inscrición na actividade de «Exercicios saudables para maiores», publícase a lista de admitidos e admitidas – que  podes consultar 👉  EXERCICIOS SAUDABLES 2022-2023– e as datas de inicio en cada unha das catro parroquias onde se desenvolverán: As Neves: martes 4 de outubro de 19 a 20 horas San … Leer más

As Neves conta cun novo servizo de Neuro-Rehabilitación

-O Concello e a Cooperativa Micelio asinan un acordo para ofrecer esta atención terapéutica, dende este mes de setembro,na antiga escola de Santiago de Ribarteme As Neves e todo o Condado Paradanta contarán cun novo servizo de neuro rehabilitación, logopedia e terapia ocupacional, logo do acordo acadado polo Goberno municipal e a Cooperativa Micelio para … Leer más

Salceda, Salvaterra e As Neves seguen adiante co programa ‘Mulleres’

O programa ‘Mulleres’ continúa durante este mes de xullo, agosto e setembro, en Slceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves, con diferentes obradoiros e actividades. O xoves, 21 de xullo, ás 10:00h. na Aula de Formación (rúa Esperanza), está programado o obradoiro ‘Activa a túa mente’. Martes, 2 de agosto, ás 10:00h., tamén … Leer más

As Neves acollerá unha das accións do programa ‘Mulleres en Acción Violencia Zero’, da Deputación de Pontevedra

As Neves acollerá unha das accións que conforman a VII edición do programa ‘Mulleres en Acción Violencia Zero’ da Deputación de Pontevedra. Estará dirixida a 44 rapazas e rapaces de 3º da ESO do IES Pazo da Mercé e realizarase na Casa da Xuventude. O martes 24 de maio de 10.30 a 13,30 levarase a … Leer más