Concello das Neves

Reunión de posta en marcha da ‘Aldea Modelo

O vindeiro mércores, 9 de febreiro, ás 19:00 h terá lugar unha reunión técnica na Casa da Música/Centro Cultural de Rubiós para tratar o proxecto da ‘Aldea Modelo’. Convídase a participar ás persoas propietarias de terreos incluídos no perímetro (liña vermella do mapa da imaxe), situados nas parroquias de Rubiós e Tortoreos.  

Aberto o prazo de inscrición do ‘Taller de Defensa Persoal para Mulleres’

O Concello vén de abrir o prazo de inscrición para un ‘Taller de Defensa Persoal para Mulleres’, orientado ás veciñas  maiores de 12 anos que desexen participar. Impartirase os mércores e venres en sesións de 50 minutos, de 18:30 a 19:20 horas. • Lugar: Sala Multiusos no Centro Social de As Neves • Duración: 1 mes. … Leer más

O Pleno do Concello da so seu visto bo a estudo sobre a viabilidade da municipalización do servizo de limpeza de edificios e dependencias municipais

O Pleno das Neves deu o seu visto bo, este martes, á Aprobación inicial do estudo de custos sobre a viabilidade da asunción directa, por parte do Concello, do servizo de limpeza dos edificios e dependencias municipais. Trátase dun paso para coñecer a situación exacta do mesmo que abrangue, ademáis da limpeza das dependencias dos … Leer más

O alcalde asiste á presentación dos novos proxectos financiados polos fondos Next Generation na provincia

Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde das Neves, asistiu este xoves en Pontevedra á presentación, por parte do delegado do Goberno, José Miñones, a presidenta, Carmela Silva, e o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, dos novos proxectos que estarán financiados na provincia con cargo aos fondos europeos Next Generation. Os mesmos- que suman xa un total … Leer más

Convocadas novas axudas para mellorar a imaxe exterior de vivendas e equipamentos

obras de revestimento e pintura de fachadas sen rematar, renovación dos acabados e remates exteriores

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de abrir o prazo de solicitude de Axudas para Corrixir Impactos Paisaxísticos en vivendas particulares. Esta convocatoria de 2022, que é moi similar á anterior, introduce algunhas melloras, como a simplificación dos trámites, a redución da documentación a presentar por parte dos solicitantes, novas especificacións e … Leer más

O Concello municipaliza a recollida de envases plásticos

O Concello municipaliza a recollida de envases plásticos

Dando un paso máis na xestión do lixo, dende primeiros de 2022 o Concello das Neves asumiu directamente a xestión do servizo de recollida de envases plástico, que ata agora prestaba a empresa privada Urbaser. Nos últimos anos a dotación de contedores, a mellora das frecuencias, a concienciación e o Plan Revitaliza triplicaron as toneladas … Leer más

O alcalde das Neves presenta a oferta turística do noso territorio en FITUR

O alcalde das Neves en FITUR 2022

As Neves estivo presente na Feira Internacional do Turismo (FITUR), en Madrid, como parte da proposta presentada polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta. É o quinto ano no que o GDR está presente no stand de Galicia para expoñer a oferta dun territorio integrado por dez concellos (Arbo, A Cañiza, O Covelo, Crecente, … Leer más

Sensibilización contra a Violencia de Xénero no IES Pazo da Mercé

Esta semana continuaron as charlas de sensibilización en xénero e igualdade dirixidas ao alumnado do IES Pazo da Mercé, que continuarán o vindeiro  día 26 de xaneiro. Este actividade formativo-sensibilizadora forma parte da programación coordinada polo centro de ensino e o Concello das Neves, e está financiado coas axudas do Pacto de Estado contra a … Leer más

Reunión mensual do Consello Climático Asesor Xuvenil das Neves

O Consello Climático Asesor Xuvenil das Neves reuniuse, de novo, no IES Pazo da Mercé, para tratar distintas cuestións que teñen que ver co medioambiente, a súa conservación e varias iniciativas que pretenden influir na mentalización da importancia dunha acción climática axeitada. Día Internacional da Auga Entre eles, decidiuse empezar a traballar arredos da celebración … Leer más