Concello das Neves

O Concello facilita o acceso as súas casas a veciñas e veciños de todas as parroquias das Neves

Destina este 2022 máis de 120.000 euros ao Plan Municipal de Accesibilidade  O Plan de Accesibilidade das Neves 2019-2023 avanza a bo ritmo, realizando os traballos proxectados, tanto por parte do persoal municipal como mediante a contratación de obras externas, para cumprir co obxectivo de facilitar a accesabilidade das veciñas e veciños ás súas casas. … Leer más

Obradoiro de capacitación para o acceso ao emprego

O vindeiro xoves 22 de setembro desenvolverase o derradeiro obradoiro do programa ‘Mulleres’. Será de 10 a 12 horas na aula de formación, enriba de Correos. É un obradoiro de capacitación para o acceso ao emprego, procesos de selección, habilidades de comunicación e construción definitiva do perfil e o CV. Calquera muller interesada pode participar … Leer más

Ábrese o prazo de inscrición para o programa ‘Exercicio Saudables para Maiores’ organizado polo Concello

Dende este xoves, día 15, a ta o venres, 23 de setembro, estará aberto o prazo de inscrición para os veciños/as maiores de 65 anos que queiran participar nos EXERCICIOS SAUDABLES PARA MAIORES, unha actividade organizada de outubro de 2022 a xuño de 2023, nas seguintes parroquias: As Neves San Pedro de Batalláns San Cibrán … Leer más

‘Os 100 quilómetros BTT do Condado’, este sábado, día 17 con saída e chegada nas Neves

120 corredores participarán na os ‘100km btt do Condado’, presentado hai un días nas Neves, coa presenza do segundo tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Óscar González, Cristina Costa, representante das adegas Marqués de Vizhoja,  que patrocina a proba, Diego Fernández e Hugo Ubeira, do Club Cornelios, organizador da proba, e José Manuel Araujo, … Leer más

Comezo das obras de ampliación da rede de saneamento en Tortoreos

O Concello vén de iniciar as obras de ampliación e conexión da rede de saneamento en Tortoreos, entre Silvares e a zona da ponte. As mesmas abranguen máis de 700 metros de rede con pozos de rexistro, unha parte por camiños públicos de terra e o último treito por vía asfaltada, ata conectar coa rede … Leer más

O Concello das Neves realiza unha selección de operarios de servizos múltiples

O Concello das Neves vén de poñer en marcha un proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego de operarios de servizos múltiples a efectos de contratación laboral temporal para substitucións. Trátase dun concurso-oposición e o prazo para presentación de solicitudes é de 15 días naturais contados a partir deste xoves, día 21 de … Leer más

As Neves conta cun novo servizo de Neuro-Rehabilitación

-O Concello e a Cooperativa Micelio asinan un acordo para ofrecer esta atención terapéutica, dende este mes de setembro,na antiga escola de Santiago de Ribarteme As Neves e todo o Condado Paradanta contarán cun novo servizo de neuro rehabilitación, logopedia e terapia ocupacional, logo do acordo acadado polo Goberno municipal e a Cooperativa Micelio para … Leer más

Adiantado o peche das piscinas municipais

O Goberno local tomou a decisión de adiantar o peche das piscinas municipais a este domingo,  4 de setembro. Será o último día que estean abertas no seu horario habitual (o mesmo que a cantina).  A previsión do tempo e a gran perda de auga que sofren as piscinas, son os motivos desta medida. O … Leer más

O Concello segue adiante co seu proxecto de mellora de infravivendas e actuará en 7 casas de cinco parroquias

-Mellorará as condicións de vida de veciñas e veciños de San Xosé de Ribarteme, Tortoreos, Estación, Santiago de Ribarteme, San Pedro de Batalláns, Setados e Vide O Concello das Neves segue adiante coa rehabilitación de vivendas e xa ten en marcha as obras en dúas casas máis, unha na parroquia de San Xosé de Ribarteme … Leer más

O Concello empezará a multar aos donos que non limparon as súas fincas de maleza

O Concello das Neves iniciou o procedemento para multar aos propietarios das fincas que non procederon a retirar a maleza e o arborado prohibido, aumentando así o risco de incendios forestais. O Goberno local aplicará a Lei de Prevención e Defensa de incendios forestais de Galicia que establece que os donos de todos os terreos … Leer más