Concello das Neves

O Concello das Neves realiza unha selección de operarios de servizos múltiples

O Concello das Neves vén de poñer en marcha un proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego de operarios de servizos múltiples a efectos de contratación laboral temporal para substitucións. Trátase dun concurso-oposición e o prazo para presentación de solicitudes é de 15 días naturais contados a partir deste xoves, día 21 de … Leer más

As Neves conta cun novo servizo de Neuro-Rehabilitación

-O Concello e a Cooperativa Micelio asinan un acordo para ofrecer esta atención terapéutica, dende este mes de setembro,na antiga escola de Santiago de Ribarteme As Neves e todo o Condado Paradanta contarán cun novo servizo de neuro rehabilitación, logopedia e terapia ocupacional, logo do acordo acadado polo Goberno municipal e a Cooperativa Micelio para … Leer más

Adiantado o peche das piscinas municipais

O Goberno local tomou a decisión de adiantar o peche das piscinas municipais a este domingo,  4 de setembro. Será o último día que estean abertas no seu horario habitual (o mesmo que a cantina).  A previsión do tempo e a gran perda de auga que sofren as piscinas, son os motivos desta medida. O … Leer más

O Concello acomete obras de mellora do asfalto en tres pistas de Santiago de Ribarteme, San Xosé de Ribarteme e Taboexa

Este mes de setembro, o Concello realizará o reasfaltado de tres pistas en tres parroquias das Neves, logo de ter tramitado unha subvención do ‘Plan Marco’ da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). Os traballos están previstos no Camiño de A Bouza, en Santiago de Ribarteme, nunha superficie total de 242 metros a 3.5 metros … Leer más

O Concello segue adiante co seu proxecto de mellora de infravivendas e actuará en 7 casas de cinco parroquias

-Mellorará as condicións de vida de veciñas e veciños de San Xosé de Ribarteme, Tortoreos, Estación, Santiago de Ribarteme, San Pedro de Batalláns, Setados e Vide O Concello das Neves segue adiante coa rehabilitación de vivendas e xa ten en marcha as obras en dúas casas máis, unha na parroquia de San Xosé de Ribarteme … Leer más

Reunión este domingo, no Campo Municipal Pepe Capón, cos pais e nais dos cativos das cetegorías benxamín e alevín

Este vindeiro domingo, día 28, ás 11:00h., no Campo de Fútbol Municipal ‘Pepe Capón’, aproveitando a disputa dun partido amistosos da categoría infantil, terá lugar a reunión cos pais e nais dos cativos que formarán parte das categorías benxamín e alevín do Nieves F.C. Como informáramos hai un mes, o Concello das Neves, por medio … Leer más

O Concello empezará a multar aos donos que non limparon as súas fincas de maleza

O Concello das Neves iniciou o procedemento para multar aos propietarios das fincas que non procederon a retirar a maleza e o arborado prohibido, aumentando así o risco de incendios forestais. O Goberno local aplicará a Lei de Prevención e Defensa de incendios forestais de Galicia que establece que os donos de todos os terreos … Leer más

Salceda, Salvaterra e As Neves seguen adiante co programa ‘Mulleres’

O programa ‘Mulleres’ continúa durante este mes de xullo, agosto e setembro, en Slceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves, con diferentes obradoiros e actividades. O xoves, 21 de xullo, ás 10:00h. na Aula de Formación (rúa Esperanza), está programado o obradoiro ‘Activa a túa mente’. Martes, 2 de agosto, ás 10:00h., tamén … Leer más

Convocadas as axudas municipais a entidades sen fins de lucro

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPP) publica este xoves (07/07/2022) os anuncios da apertura de prazo para solicitar as axudas municipais do Concello das Neves a entidades sen fins de lucro do ano 2022. O prazo estará aberto un mes dende hoxe. As axudas son as seguintes:   PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS … Leer más