Concello das Neves

O Concello acomete obras de mellora do asfalto en tres pistas de Santiago de Ribarteme, San Xosé de Ribarteme e Taboexa

Este mes de setembro, o Concello realizará o reasfaltado de tres pistas en tres parroquias das Neves, logo de ter tramitado unha subvención do ‘Plan Marco’ da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). Os traballos están previstos no Camiño de A Bouza, en Santiago de Ribarteme, nunha superficie total de 242 metros a 3.5 metros … Leer más

O Concello segue adiante co seu proxecto de mellora de infravivendas e actuará en 7 casas de cinco parroquias

-Mellorará as condicións de vida de veciñas e veciños de San Xosé de Ribarteme, Tortoreos, Estación, Santiago de Ribarteme, San Pedro de Batalláns, Setados e Vide O Concello das Neves segue adiante coa rehabilitación de vivendas e xa ten en marcha as obras en dúas casas máis, unha na parroquia de San Xosé de Ribarteme … Leer más

O Concello inicia as obras de mellora e acondicionamento da rotonda do Conde

-As obras están sufragadas nun 70% pola Deputación de Pontevedra e nun 30% con fondos própios do Concello das Neves O Concello das Neves vén de iniciar as obras de mellora e acondionamento das rotonda do Conde. Os traballos forman parte do Plan de Mellora da Mobilidade emprendido polo Goberno municipal e que, ata hoxe, … Leer más

Continúa o Plan de Accesibilidade do Concello das Neves, en Santa Eulalia de Batalláns, Taboexa e Santiago de Ribarteme

O Concello continúa co Plan de Accesibilidade a Vivendas das Neves 2019-2023, configurado como unha actuación continua que continuará, con varias obras, ao longo deste ano 2022. Para as mesmas, o Goberno municipal xa  solicitou financiación para diferentes traballos en Pasqueixóns, A Carrasqueira e A Escaravelleira, e acometerá a mellora doutros accesos con fondos propios. … Leer más

Convocadas novas axudas para mellorar a imaxe exterior de vivendas e equipamentos

obras de revestimento e pintura de fachadas sen rematar, renovación dos acabados e remates exteriores

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de abrir o prazo de solicitude de Axudas para Corrixir Impactos Paisaxísticos en vivendas particulares. Esta convocatoria de 2022, que é moi similar á anterior, introduce algunhas melloras, como a simplificación dos trámites, a redución da documentación a presentar por parte dos solicitantes, novas especificacións e … Leer más

Obras no edificio de Servizos Sociais e no Banco de Alimentos Municipal

O Concello iniciou a principio deste 2022 obras no edificio de Servizos Sociais, para  o aproveitamento de espazos do mesmo, e de acondicionamento do local que ocupa na actualidade o Banco de Alimentos, no andar superior do Mercado Municipal. Son dúas pequenas reformas, necesarias de conservación e modernización destes dous espazos tan necesarios. Está previsto que … Leer más