Concello das Neves

Os palistas que participan na II Gold River Race, este domingo, día 15 nas Neves

A segunda edición da Gold River Race, a competición de piragüismo de estilo ultramaratón que se atopa entre as máis longas do mundo e que xa está a converterse nun referente internacional, pasará esta fin de semana polas Neves. A proba, dun total de 100 quilómetros, arrancou este venres, día 13, en Lugo e tralo … Leer más

As Neves acollerá unha das accións do programa ‘Mulleres en Acción Violencia Zero’, da Deputación de Pontevedra

As Neves acollerá unha das accións que conforman a VII edición do programa ‘Mulleres en Acción Violencia Zero’ da Deputación de Pontevedra. Estará dirixida a 44 rapazas e rapaces de 3º da ESO do IES Pazo da Mercé e realizarase na Casa da Xuventude. O martes 24 de maio de 10.30 a 13,30 levarase a … Leer más

O Concello tramitou más de 400 denuncias presentadas polos veciños por terreos sen limpar

O Concello das Neves comunicou aos propietarios de máis de 1.000 fincas que teñen que telas rozadas antes do 31 de maio para reducir ao mínimo o risco de incendios. Ademais, tramitou máis de 400 denuncias presentadas por veciñas e veciños por terreos con maleza, que os seus donos non limpan. «Todas as denuncias presentadas … Leer más

Este luns, 9 de maio volve ‘O Concello Escoita’

O Goberno local retoma dente a vindeira semana as reunións coas veciñas e veciños de todas as parroquias das Neves. O programa ‘O Concello escoita’, regresa logo dun paréntese de catro anos, forzado polas consecuencias dos incendios de  outubro de 2017 e pola pandemia da COVID. Durante as vindeiras semanas, o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez … Leer más

Comezou nas Neves o programa ‘Coidados Porta a Porta’

A Consellería de Política Social comezou hoxe nas Neves o programa «Coidados Porta a Porta», que presta, de xeito gratuito, unha serie de servizos destinados ás persoas maiores, en unidades móbiles que estarán nas Neves, este mércores, día 4, o xoves, 5 e o venres,  6 de maio, nos arredores do Centro de Saúde. Solicitude de cita Os … Leer más

O Concello convocará as segundas subvencións para as comunidades de usuarios ou traídas de augas das parroquias

Este 2022, por segundo ano consecutivo, o Concello das Neves convocará novas subvencións para as comunidades de usuarios ou traídas de augas das parroquias. En 2021, grazas a estas axudas, as traídas de augas de San Pedro de Batalláns, Taboexa Norte, Vide e Santiago de Ribarteme, realizaron obras que abrangueron, principalmente, a renovación de tramos … Leer más

O Concello das Neves impulsa un polígono de viñedo e planta ornamental como proteción fronte aos incendios

O seu desenvolvemento encaixa no marco do proxecto europeo ‘Forvalue’, tal e como tratou este martes o alcalde coa directora xeral de AGADER, organismo dependente da Consellería de Medio Rural  O alcalde das Neves mantivo  unha reunión coa directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGDER), Inés Santé, na que, a petición do rexedor, … Leer más

Non o esquezas: aínda podes solicitar cita para ‘Coidados Porta a Porta’ que estará nas Neves os días 4, 5 e 6 de maio

Aínda hai prazas para o programa «Coidados Porta a Porta» que presta, de xeito gratuito, unha serie de servizos destinados ás persoas maiores, en unidades móbiles que estarán nas Neves, os vindeiros días 4,5 e 6 de maio, nos arredores do Centro de Saúde. Como solicitar cita? Chamando ao teléfono 622 748 283 ou por correo electrónico  coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal. … Leer más

Aberta a inscrición para o Curso de Novas Tecnoloxías orientado a Persoas Maiores

A  Asociación Amigos de Galicia en colaboración co concello de As Neves, organiza un curso gratuíto de novas tecnoloxías orientado  a persoas maiores co fin de facilitar o uso das ferramentas dixitais de uso diario que se  impartirá en varias  parroquias do concello.   Programa: uso das máquinas de quendas de centros públicos, funcionamento de caixeiros automáticos, … Leer más