Concello das Neves

Aberto o novo acceso rodado ao Centro de Saúde das Neves

Aberto o novo acceso rodado ao Centro de Saúde das Neves

O Concello vén de rematar as obras que iniciara hai algo máis dun mes para crear un novo acceso rodado ao Centro de Saúde das Neves. Este novo acceso está xa aberto ao carón da actual entrada peonil, dende estrada PO-415. Dende agora, será a entrada de vehículos ao Centro de Saúde mentres que a anterior … Leer más

Admitidas todas as solicitudes para o ‘Taller de Defensa Persoal para Mulleres’

Rematado o prazo de inscrición para o ‘Taller de Defensa Persoal para Mulleres’, orientado a veciñas das Neves maiores de 12 anos, o Concello informa de que todas as solicitudes foron admitidas. O taller comezará o mércores 2 de marzo ás 18.30 horas e  impartirase os mércores e venres en sesións de 50 minutos, de … Leer más

O Concello das Neves inicia a contratación temporal de 13 persoas

O Concello das Neves iniciará o proceso de contratación temporal de 13 persoas, ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. A subvención concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro do plan de obras e servizos Plan Concellos 2022-2023, correspondente á liña 3: emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais … Leer más

Unha nova actuación de ‘O Monte nace na Escola’, na Unitaria de Rubiós

Durante as pasadas vacacións de Nadal, un grupo de voluntarias e voluntarios fixo un bosquexo  nunha parede da Escola Unitaria de Rubiós, que previamente preparara o Concello. Esta semana, as nenas e nenos do centro veñen de rematar o mural pintando as letras por dentro. Ademais, plantaron unha cerdeira de flor, que dará sombra no … Leer más

Sensibilización contra a Violencia de Xénero no IES Pazo da Mercé

Esta semana continuaron as charlas de sensibilización en xénero e igualdade dirixidas ao alumnado do IES Pazo da Mercé, que continuarán o vindeiro  día 26 de febreiro. Esta actividade formativo-sensibilizadora forma parte da programación coordinada polo centro de ensino e o Concello das Neves, e está financiado coas axudas do Pacto de Estado contra a … Leer más

Aberto o novo aparcadoiro público do centro das Neves

Novo aparcadoiro As Neves

Dende este luns, está aberto o novo aparcadoiro público no centro do casco urbano, situado a carón da rúa Cruceiro, e que ten coma finalidade resolver a falta de estacionamentos  no propio centro e na contorna da rúa Entrecíns.

 

As obras do mesmo, desenrólanse nunha parcela que é a porcentaxe da parte pública da unidade de execución nº3 do Plan Xeral de Ordenación Municipal  (PXOM) das Neves.

En total, ten capacidade para 40 vehículos; unha superficie de 1.400 m2, e conta con saída a rúa Cruceiro, e a Circunvalación.

Reunión de posta en marcha da ‘Aldea Modelo

O vindeiro mércores, 9 de febreiro, ás 19:00 h terá lugar unha reunión técnica na Casa da Música/Centro Cultural de Rubiós para tratar o proxecto da ‘Aldea Modelo’. Convídase a participar ás persoas propietarias de terreos incluídos no perímetro (liña vermella do mapa da imaxe), situados nas parroquias de Rubiós e Tortoreos.  

Aberto o prazo de inscrición do ‘Taller de Defensa Persoal para Mulleres’

O Concello vén de abrir o prazo de inscrición para un ‘Taller de Defensa Persoal para Mulleres’, orientado ás veciñas  maiores de 12 anos que desexen participar. Impartirase os mércores e venres en sesións de 50 minutos, de 18:30 a 19:20 horas. • Lugar: Sala Multiusos no Centro Social de As Neves • Duración: 1 mes. … Leer más

O Pleno do Concello da so seu visto bo a estudo sobre a viabilidade da municipalización do servizo de limpeza de edificios e dependencias municipais

O Pleno das Neves deu o seu visto bo, este martes, á Aprobación inicial do estudo de custos sobre a viabilidade da asunción directa, por parte do Concello, do servizo de limpeza dos edificios e dependencias municipais. Trátase dun paso para coñecer a situación exacta do mesmo que abrangue, ademáis da limpeza das dependencias dos … Leer más