Concello das Neves

Empezan as obras do novo acceso rodado ao Centro de Saúde das Neves

O Concello iniciou esta semana as obras para crear un novo acceso rodado ao Centro de Saúde das Neves. Este novo acceso estará ao carón da actual entrada peonil, dende estrada PO-415, de xeito que, unha vez rematado, fará de entrada de vehículos mentres que a actual pasará a ser de saída. 48.000€ e un … Leer más

As Neves asina coa Deputación un convenio que permitirá acometer a humanización da Travesía Eira da Liñaza

O alcalde asinou hoxe coa presidenta da Deputación de Pontevedra , Carmela Silva, un convenio que permitirá facer realidade o proxecto de recuperar para as veciñas e veciños o espazo público na vila. Este primeiro paso darémolo, salientou Xosé Manuel Rodríguez Méndez, coa  humanización da  Travesía Eira da Liñaza. A mesma será posible coa incorporación … Leer más

Fátima e os seus dous fillos xa están vivindo nas Neves grazas á concesión dun alugueiro social

Fatima e os seus dous fillos de 7 e 11 anos volveron ás Neves e viven xa nunha casa propiedade do Concello, grazas á concesión dun alugueiro social. A familia recibira un durísimo golpe cando o pasado 11 de decembro un incendio que se declarara hora na súa vivenda da rúa Entrecíns causara a morte … Leer más

Atención 24 h para necesidades derivadas da Covid-19

O teléfono é o 689 89 42 10 Dende a Área de Servizos Sociais do Concello das Neves lembramos que está activo as 24 horas este número de teléfono:  689 89 42 10,  para atender necesidades derivadas das corentenas ocasionadas pola Covid-19. Trátase de ofrecer axuda para tarefas fundamentais que nalgúns casos resultan imposibles por … Leer más

O alcalde denuncia a situación de colapso da Atención Primaria

O alcalde denuncia a situación de colapso da Atención Primaria

Advirte da demora nas consultas que afecta a pacientes con patoloxías crónicas, que non poden agardar O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, xunto coas alcaldesas de Ponteareas, Tomiño e O Rosal, ademáis de verios deputados no Parlamento de Galicia, denunciou hoxe diante da Delegación da Xunta en Vigo, a situación de precariedade, mesmo de … Leer más

O Concello das Neves expresa o seu pesar pola morte de Benito Torreiro

A Corporación Municipal das Neves lamenta a  tráxica morte de Benito Torreiro Sío. Benito, diplomado en Ciencias Sociais e Educación Infantil, tivo unha destacada traxectoria no eido do Ensino, sendo mestre na Escola Unitaria de Tortoreos, socio fundador do Movemento de Renovación Pedagóxica ‘Escola Viva’ e secretario Comarcal da Federación de Ensino (FETE-UXT) en Vigo. … Leer más

Proceso selectivo de oficial de servizos múltiples por promoción interna

O Concello das Neves impulsa o proceso selectivo de oficial de servizos múltiples por promoción interna. Esta praza fora incluída dentro da oferta de emprego público de 2018.   Documentos do proceso selectivo: Bases xerais da convocatoria Anuncio BOPPO convocatoria e bases Aprobación da lista provisional de admitidos e excluídos Aprobación da relación definitiva de … Leer más

Proxecto de aforro e eficiencia enerxética no alumeado público en Tortoreos – Monte, As Neves – (Guláns, Porqueira e Estación), Vide – Prado, Taboexa – (Carreirachán e O Caneiro), Rubiós – (Carrasqueira, Moo e As Gándaras)

O Concello das Neves acomete este proxecto (FEDER-EELL-2019-000533) de eficiencia enerxética financiado ao 80% con fondos da Unión Europea a través do IDAE. O obxectivo principal desta actuación é cambiar as luminarias existentes por outras novas de tecnoloxía LED que cumplan cos requisitos técnicos elexibles para este tipo de luminarias según documento recoñecido polo IDAE … Leer más

Proxecto de aforro e eficiencia enerxética no alumeado público nas zonas de Tortoreos (As Pías, Reguengo, Chan), Liñares, Redondelo e Bruñeiras . Concello de As Neves

O Concello das Neves acomete este proxecto (FEDER-EELL-2019-000537) de eficiencia enerxética financiado ao 80% con fondos da Unión Europea a través do IDAE. O obxectivo principal desta actuación é cambiar as luminarias existentes por outras novas de tecnoloxía LED que cumplan cos requisitos técnicos elexibles para este tipo de luminarias según documento recoñecido polo IDAE … Leer más