Concello das Neves

O Concello convocará as segundas subvencións para as comunidades de usuarios ou traídas de augas das parroquias

Este 2022, por segundo ano consecutivo, o Concello das Neves convocará novas subvencións para as comunidades de usuarios ou traídas de augas das parroquias. En 2021, grazas a estas axudas, as traídas de augas de San Pedro de Batalláns, Taboexa Norte, Vide e Santiago de Ribarteme, realizaron obras que abrangueron, principalmente, a renovación de tramos … Leer más

As Neves presente no Foro Galego Local de Economía Circular

O Concello das Neves asiste á primeira reunión do Foro Galego Local de Economía Circular (FOGALEC) que se está a celebrar en Santiago de Compostela. FOGALEC nace dunha iniciativa conxunta entre a FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) e o FIREC (Foro de Intercambio de Coñecemento sobre Residuos e Economía Circular), para crear un … Leer más

Restricións no tráfico nas Neves pola montaxe da Feira do Requeixo e da Mel

Co comezou da montaxe da carpa e do resto dos elementos que formarán parte da Feira do Requeixo e da Mel, que terá lugar os días 15 e 16 deste mes de abril, haberá restricións de tráfico no centro urbano. O TRÁFICO estará PECHADO na Rúa Marquesa do Pazo (a partir do Centro Social) e … Leer más

Ábrese o prazo de inscrición para a actividade para maiores en Setados: «Compartindo Xuntas»

O Concello abre este luns, día 4 de abril, o prazo de inscrición para as actividade ‘Compartindo Xuntas’ para maiores en Setados. Trátase de propostas  grupais de memoria, manualidades, grupos de conversa e xogos que ten coma obxectivo «pasalo ben e tecer lazos entre veciñas», sinala a concelleira de Servizos Sociais , Pilar González Casas. … Leer más

As Neves loita contra os prezos da enerxía

O Concello das Neves, ten rematado xa o paso do 99% do alumeado público a tecnoloxía LED, de xeito que na actualidade a potencia contratada é de menos da metade da que tiña no período anterior a este cambio. Aforro do 70% Esta iniciativa, que abrangue 2.500 puntos de luz, vén de completarse coa modificación … Leer más

Aberto o prazo para a solicitude de postos na ‘Feira do Requeixo e do Mel’ das Neves

O Concello das Neves fai público o anuncio do acordo sobre os trámites e prezos públicos para participar a través do uso de postos na ‘Feira do Requeixo e do Mel’.

Este martes, día 1 de marzo, Pleno Ordinario do Concello das Neves

Este martes,  de marzo, ás 20:00h. está convocado o Pleno Ordinario do Concello das Neves que, como sempre, pode seguirse en directo por ‘streaming’ a través das redes sociais municipais no seguinte enlace: https://www.facebook.com/concelloasneves. A orde do día é a seguinte:    

O Concello das Neves inicia a contratación temporal de 13 persoas

O Concello das Neves iniciará o proceso de contratación temporal de 13 persoas, ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. A subvención concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro do plan de obras e servizos Plan Concellos 2022-2023, correspondente á liña 3: emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais … Leer más

Reunión de posta en marcha da ‘Aldea Modelo

O vindeiro mércores, 9 de febreiro, ás 19:00 h terá lugar unha reunión técnica na Casa da Música/Centro Cultural de Rubiós para tratar o proxecto da ‘Aldea Modelo’. Convídase a participar ás persoas propietarias de terreos incluídos no perímetro (liña vermella do mapa da imaxe), situados nas parroquias de Rubiós e Tortoreos.