Concello das Neves

O Auditorio Municipal xa leva o nome do nevense ‘José Gil’, pai do cinema de Galicia

O Auditorio Municipal chámase xa ‘José Gil’. O último Pleno do Concello aprobou a proposta do Goberno local de que a principal sala de conferencias, concertos, actuacións, reunións, espectáculos e actos das Neves leve o nome dun dos nevenses máis sobranceiros. A proposición do Goberno contou cos votos a favor dos 4 concelleiros do Bloque … Leer más

Acto de cambio de nome do Auditorio Municipal, que pasará a chamarse ‘José Gil’

O Auditorio Municipal cambiará de nome e pasará a chamarse ‘José Gil’. O último Pleno do Concello aprobou a proposta do Goberno local de que a principal sala de conferencias, concertos, actuacións, reunións, espectáculos e actos das Neves leve o nome dun dos nevenses máis sobranceiros. A proposición do Goberno contou cos votos a favor … Leer más

Este martes 7 de marzo, ás 20:00h., Pleno do Concello

Este martes, día 7 de marzo, ás 20:00 h. celébrase na Casa do Concello, o Pleno Ordinario da Corporación municipal das Neves. Como xa é habitual, a sesión pode seguirse en directo por streaming, entrando no muro do portal de Facebook municipal: https://www.facebook.com/concelloasneves. Esta é a orde do día

O Goberno proporá este martes que o Centro Cultural das Neves leve o nome de José Gil

O Goberno local levará este martes ao Pleno do Concello (20:00h.) a proposta de cambio de nome do Centro Cultural das Neves, de xeito que pase a chamarse ‘José Gil’. O pai do cine en Galicia José Gil (Rubiós, As Neves, 1870-Vigo, 1937)  está considerado como pai do audiovisual galego. Foi o primeiro  produtor do … Leer más

Comeza o ‘ano de José Gil’, o nevense considerado o pai do cinema en Galicia

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, e a concelleira de Cultura, Rocío Barreiro, asistiron no museo MARCO de Vigo, a poucos metros onde montou, en 1910, a primeira produtora da historia de Galicia, á presentación do proxecto “José Gil. Pontevedra, provincia de cine. Na orixe do cinema”, que renderá homenaxe durante todo este ano 2023, … Leer más

As Neves será o concello que acolla en 2023 o proxecto ‘Mulleres Extramuros’

A Deputación de Pontevedra presentou este sábado na Culturgal, o proxecto “Mulleres Extramuros”, de interacción, intervención, creación e convivencia de artistas plásticas no rural, que este ano 2022 se desenvolveu con enorme éxito na parroquia de Cortegada, en Silleda.

As Neves toma a remuda

A presidenta do organismo provincial, Carmela Silva, tamén desvelou en primicia que, tomando a remuda de Cortegada,
será o Concello das Neves e concretamente a parroquia de Rubiós, quen acolla en 2023 a segunda edición de “Mulleres Extramuros”. “As Neves é un concello marabilloso con paraxes extraordinarios, de xente rexa e forte, moi activa, e farémolo no núcleo de Rubiós onde se fai moita cultura”.

Unha grande oportunidade

Xunto á presidenta interveu un feliz alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, que apuntou que trátase dun “enorme pracer, dunha grande oportunidade,  que non só pon a arte ao alcance do territorio rural no que vivimos,  senón que nos dá unha singularidade cara ao exterior, supoñendo un punto de atracción para os nosos e nosas visitantes, de xeito que a xente que é de fóra das Neves mire para aquí”.

Por iso, asegurou, dixemos inmediatamente que si a esta proposta da Deputación, e formulamos e defendemos un programa ambicioso que rebase os límites das Neves”. “Non se me ocorre mellor lugar de Rubiós, rematou, o lugar onde naceu José Gil, un dos precursores do cinema en galego, e onde as mulleres son as que maioritariamente participan”.

Leer más