Concello das Neves

Onde foron os que marcharon?

Este venres, 18 de novembro, ás 21:00h. na ‘Casa da Música -Centro Cultural de Rubiós’, terá lugar a actividade ‘Onde foron os que se marcharon?’ Coa mesma preténdese afrontar a despoboación do territorio das Neves dende a perspectivas das persoas e os seus vínvulos culturais coa terra. Mapa da ‘diáspora’ Así, nun obradoiro, crearemos, de … Leer más

Rematadas as obras da renovada ‘Rotonda do Conde’

Santos Héctor, deputado provincial de Cooperación, o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Marcelino Couto, e o segundo tenente de alcalde, Óscar González, puxeron oficialmente en servizo a de mellora e acondionamento da rotonda do Conde. Os traballo realizado, forma parte do ‘Plan de Mellora da … Leer más

Uso de caixeiros de forma fácil e segura

Organizado por Abanca, coa colaboración do Concello das Neves, o vindeiro día 21, de 11:00 a 13:00h. (na Aula Municipal de Formación, rúa Esperanza 2, 1º andar), terá lugar unha actividade que ten como obxectivo informar sobre o uso de caixeiros, de forma fácil e segura. A mesma está orientada as persoas que empregan os … Leer más

Cursos de formación no coidado de menores

Femupo ( Federación pola Igualdade das Mulleres da provincia de Pontevedra)  en colaboración  co Concello de As Neves,  activa  o ‘Plan Corresponsables’ para dignificar o sector dos coidados e favorecer a conciliación de familias con menores dende un enfoque de igualdade entre mulleres e homes.  Ofrecerase formación co obxectivo de transformar en actividade laboral regulada … Leer más

As Neves acollle o ‘1º Encontro de Artes e Territorio’

O próximo sábado 29 de outubro, As Neves será o escenario do ‘1º Encontro de Artes no Territorio’, un evento que quere servir de base para pensar novas fórmulas que axuden a potenciar a economía e o desenvolvemento turístico dende as artes e a cultura. Este encontro pretende alicerzarse no apoio da veciñanza e na … Leer más

Lista de admitidos e admitidas na actividade de ‘Exercicios saudables para maiores’

Unha vez pechado o prazo de inscrición na actividade de «Exercicios saudables para maiores», publícase a lista de admitidos e admitidas – que  podes consultar 👉  EXERCICIOS SAUDABLES 2022-2023– e as datas de inicio en cada unha das catro parroquias onde se desenvolverán: As Neves: martes 4 de outubro de 19 a 20 horas San … Leer más

O Concello facilita o acceso as súas casas a veciñas e veciños de todas as parroquias das Neves

Destina este 2022 máis de 120.000 euros ao Plan Municipal de Accesibilidade  O Plan de Accesibilidade das Neves 2019-2023 avanza a bo ritmo, realizando os traballos proxectados, tanto por parte do persoal municipal como mediante a contratación de obras externas, para cumprir co obxectivo de facilitar a accesabilidade das veciñas e veciños ás súas casas. … Leer más

Obradoiro de capacitación para o acceso ao emprego

O vindeiro xoves 22 de setembro desenvolverase o derradeiro obradoiro do programa ‘Mulleres’. Será de 10 a 12 horas na aula de formación, enriba de Correos. É un obradoiro de capacitación para o acceso ao emprego, procesos de selección, habilidades de comunicación e construción definitiva do perfil e o CV. Calquera muller interesada pode participar … Leer más

Ábrese o prazo de inscrición para o programa ‘Exercicio Saudables para Maiores’ organizado polo Concello

Dende este xoves, día 15, a ta o venres, 23 de setembro, estará aberto o prazo de inscrición para os veciños/as maiores de 65 anos que queiran participar nos EXERCICIOS SAUDABLES PARA MAIORES, unha actividade organizada de outubro de 2022 a xuño de 2023, nas seguintes parroquias: As Neves San Pedro de Batalláns San Cibrán … Leer más