Concello das Neves

Reparación do afundimento na pista da Estrema, en San Xosé de Ribarteme

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, e o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Marcelino Couto, estiveron na pista da Estrema, en San Xosé de Ribarteme, onde van comezar as obras para reparar o afundimento que se produciu no lugar. Os traballos, que poden iniciarse unha vez que o Concello recibiu a … Leer más

A XXX Feira do Requeixo e do Mel xa ten cartaz

A XXX Edición da Feira do Requeixo e do Mel das Neves, xa ten cartaz. O xurado elixiu a obra da artista Sandra Táboas González, titulada ‘As mulleres de sempre’, como a imaxe da feira deste ano que se celebrará os vindeiros días 7 e 8 de abril. Sandra, veciña de San Pedro de Batalláns, … Leer más

Indignación nos concellos do sur da provincia polo «desprezo e abandono» da Xunta tras os danos causados polas inundacións

Máis de dous meses dende as fortes inundacións sufridas o pasado Nadal, os alcaldes e alcaldesas de 13 concellos do sur da provincia de Pontevedra máis afectados polos temporais, reiteran a súa petición á Xunta de Galicia de que declare o territorio como Zona de Emerxencia de Protección Civil e estableza medidas de apoio económico … Leer más

O Concello segue cos traballos de mantemento das escolas unitarias e o colexio das Neves

A Concellería de Ensino, que dirixe Pilar González Casas, segue a traballar para manter en bo estado as  escolas unitarias  de Rubiós e Taboexa e CEIP das Neves.   «Está semana remata a pintura da aula de psicomotricidade da escola de Taboexa e tamén se limparon os xardíns exteriores, tanto nesta escola coma na de … Leer más

As Neves celebra o #8M facendo visibles a mulleres invisibles

As Neves celebrou este mércores o Día Internacional da Muller, xunto coas alumnos e alumnas do IES Pazo da Mercé, centro no que decubriron un mural deseñado por Ainara Álvarez, ex alumno dio instituto que gañou en 2021 o 1º Premio do Concurso Mulleres de Galicia, coa obra que conmemorou este #8M, realizada por Aldara … Leer más

Este martes 7 de marzo, ás 20:00h., Pleno do Concello

Este martes, día 7 de marzo, ás 20:00 h. celébrase na Casa do Concello, o Pleno Ordinario da Corporación municipal das Neves. Como xa é habitual, a sesión pode seguirse en directo por streaming, entrando no muro do portal de Facebook municipal: https://www.facebook.com/concelloasneves. Esta é a orde do día

O Goberno proporá este martes que o Centro Cultural das Neves leve o nome de José Gil

O Goberno local levará este martes ao Pleno do Concello (20:00h.) a proposta de cambio de nome do Centro Cultural das Neves, de xeito que pase a chamarse ‘José Gil’. O pai do cine en Galicia José Gil (Rubiós, As Neves, 1870-Vigo, 1937)  está considerado como pai do audiovisual galego. Foi o primeiro  produtor do … Leer más

O Concello das Neves seleccionado polo Goberno do Estado para levar adiante o proxecto de recuperación de cinco vivendas na parroquia de Taboexa

O delegado do Goberno en Galicia visitou As Neves que é ún dos concellos seleccionado polo Goberno do Estado para levar a cabo un «proxecto pioneiro» contra o despoboamento, con fondos procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. José Miñones, xunto co alcalde,  Xosé Manuel Rodríguez, o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, a … Leer más

Vide estrea a experiencia de ‘Mulleres Extramuros’ que encherá a parroquia de arte contemporánea

Arte de vangarda, mundo rural, igualdade, sostibilidade e intervención do espazo público son as claves do proxecto da “Mulleres Extramuros” cuxa segunda edición vén de arrancar nas Neves, impulsada pola Deputación. A parroquia de Vide tomou o relevo á parroquia de Cortegada en Silleda, lugar protagonista o pasado ano. A Casa da Auga foi o … Leer más

Inminente asfaltado de parte da pista do Pousadouro

Marcelino Couto, primeiro tenente de alcalde, vén de facer unha revisión previa ao inminente asfaltado, por tramos, da pista do Pousadouro. Esta obra acométese como parte do único convenio asinado entre o Concello das Neves e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), a finais de 2022, polo cal este organismo da Xunta de Galicia … Leer más