Concello das Neves

O Concello segue adiante coas obras de mellora da pavimentación en camiños municipais

Paralelamente, e ao mesmo tempo que se realizan os obras de emerxencia, ás que o Concello destina 195.000 euros, segue adiante a mellora da pavimentación en camiños municipais que conta cun orzamento de 119.110,77 euros, procedente do ‘Plan Concellos’ da Deputación de Pontevedra. Máis polo miudo, están realizándose traballos en: Sequeirós – San Cibrán de … Leer más

O Concello destina preto de 195.000 euros ás obras de emerxencia, que comezan esta semana, para reparar os danos do temporal

O Concello comezará a finais desta mesma semana as obras de emerxencia necesarias logo dos danos causados polo temporal do nadal.  As mesmas foron encargadas a dúas empresas das Neves, de xeito directo mediante un procedemento de urxencia. Inicialmente o Goberno municipal estimara un orzamento de emerxencia superior aos 100.000 euros, pero finalmente, á vista … Leer más

As Neves, xunto con outros 12 concellos, urxe á Xunta a declaración de a zona de Emerxencia polos temporais

Alcaldesas e alcaldes de trece concellos do sur da provincia de Pontevedra afectados polas inundacións sufridas o pasado Nadal e Aninovo, urxen á Xunta de Galicia que declare o territorio como Zona de Emerxencia de Protección Civil e estableza medidas de apoio económico para asumir a rehabilitación dos municipios. Carta ao presidente da Xunta Xusto cando se cumpre un mes desta … Leer más

O Goberno municipal consegue un novo investimento de 260.000 euros para As Neves

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar o proxecto de execución das obras de mellora da mobilidade peonil na EP-4006. Os traballos teñen un orzamento próximo aos 260.000 euros (258.394,57 €) e afectarán un tramo da vía de 480 metros, nas Neves, concretamente entre os puntos quilométricos 12+080 e 12+560, isto é, entre a rotonda … Leer más

As Neves formará parte do ‘Programa Unico-Banda Ancha’ para a instalación da fibra óptica

Óscar González, concelleiro de Servizos Públicos e segundo tenente de alcalde, asistiu a unha xuntanza coa secretaria de Estado de Telecomunicacións, María González Veracruz, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, a presidenta da Deputación de Pontevedra, alcaldes, alcaldesas e outros cargos municipais para coñecer os plans do Goberno do Estado para a extensión … Leer más

‘Mulleres en Acción. Violencia Zero’, nas Neves

As Neves recibiu unha nova edición do programa da  Deputación de Pontevedra  “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, que ten coma obxectivo concienciar desde a arte contra as violencias machistas. Hoxe presentou unha acción titulada “O lugar da fenda”, protagonizada pola ceramista Verónica Moar e a bailarina e coreógrafa Rut Balbís. A Casa da Xuventude contou … Leer más

Resolto o 90% das incidencias comunicadas ao Concello mediante o servizo ‘Línea Verde’

O Goberno municipal amosa a súa satisfacción pola aceptación do servizo ‘Línea Verde’ que dende a súa posta en servizo nas Neves, acumula un crecemento exponencial no seu uso polas veciñas e veciños. Isto amosa una resposta axeitada á resolución de incidencias comunicadas ao Concello. Resolto o 90% das incidencias A día de hoxe, o … Leer más

Convocatoria de subvencións para asociacións veciñais, renovación de electrodomésticos e correción de impactos paisaxísticos

A Xunta convoca diferentes axudas e subvencións para varios colectivos e persoas individuais, tal e como publica o Diario Oficial de Galicia (DOG): 1- Subvencións para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de … Leer más

O Concello aproba o maior orzamento da súa historia

O Pleno do Concello das Neves aprobou este martes o Orzamento Municipal para 2023, o sétimo que saca adiante a coalición de Goberno BNG-PSOE e o maior de toda a historia das Neves. As contas saíron adiante cos 6 votos a favor dos representantes dos partidos de goberno e os 5 en contra do Partido … Leer más

O Goberno local aprobará unha ‘Liña de Emerxencia’ duns 100.000 euros para facer fronte ás reparacións dos danos do temporal

O Goberno local aprobará unha ‘Liña de Emerxencia’ dotada cuns 100.000 euros, para facer fronte aos traballos de reparación dos múltiples danos causados polo pasado temporal en todo o concello das Neves. Estes traballos súmanse aos xa realizados, e aos que aínda se están a facer, dende o pasado día 31, por persoal municipal, coordenado … Leer más