Concello das Neves

O Concello das Neves realiza procesos de selección para contratar socorristas, peóns forestais e peóns de construción

O Concello das Neves está a realizar este mes de xuño varios procesos de selección de persoal temporal para distintos postos. En todos os casos os e as aspirantes terán que estar dados/as de alta no Servizo Público de Emprego (SEPE) como ‘demandantes’. En primeiro lugar selecciona a 2 Socorristas para a tempada de apertura … Leer más

Xosé Manuel Rodríguez, inicia nas Neves, como vicepresidente do GDR Condado Paradanta, un ciclo de sesións informativas en concellos do territorio

  O  Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta inicia este mércores  un ciclo de sesións informativas nos diferentes concellos do territorio, para convidar a asociacións culturais, veciñais e sociais, a colaborar de maneira conxunta no desenvolvemento comarcal. Será Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde das Neves e vicepresidente do GDR Condado Paradanta, quen dea comezo … Leer más

Os Afectados pola Liña de Alta Tensión (LAT) Fontefría-Fronteira Portuguesa piden unha entrevista coa vicepresidenta do Goberno Teresa Ribera

Representantes das asociacións Fontefría- Frontera Portuguesa (AALAT Valiñas-Pose) e  Afectados pola Liña de Alta Tensión Interconexión Norte de Portugal (AALAT Rozas-Vide e Baliñas-Poste, de Sela, acompañados polo alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, presentaron este xoves, no Rexistro da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, un escrito solicitando unha reunión con Teresa Ribera, vicepresidenta e ministra … Leer más

Contratación dunha persoa para o posto de Arquitecto/a técnico/a

O Concello das Neves inicia o selección para a contratación laboral temporal, mediante contrato formativo para adquirir práctica profesional, de unha persoa con titulación de Grao en Enxeñería de Edificación/ Arquitectura Técnica ou equivalente, ao abeiro do programa ‘Primeira Experiencia Profesional’, no marco do Plan do Fomento da Empregabilidade, da Deputación de Pontevedra. As persoas … Leer más

En marcha os Talleres de Búsqueda de Emprego

Esta semana, un grupo de 15 mulleres participan nos ‘Talleres de Búsqueda de Emprego’ organizados pola Asociación Mulleres e o Concello das Neves. Serán dúas sesións, unha este martes, día 14, e outra o venres, día 17, que se desenvolve de 10:00 a 13:00h. na aula de formación na rúa Esperanza ( enriba de Correos, … Leer más

Municipalizado o Servizo de Limpeza dos edificios e dependencias municipais

Dende o pasado 1 de xuño, o Concello asumiu directamente o Servizo de Limpeza dos edificios e dependencias municipais. A medida aprobouse logo de que o pasado mes de febreiro, o Pleno das Neves dera o seu visto bo á aprobación inicial do estudo de custos sobre a viabilidade da municipalización do mesmo. Este servizo … Leer más

Estudantes do IES Pazo da Mercé, da man de ‘Ayuda en Acción’ fan do proxecto ‘As Neves Verde Autóctono’ un referente en todo o Estado

O alumnado do Consello Climático Xuvenil do IES Pazo da Mercé das Neves desenvolveron este luns unha actividade deportiva no medio natural do río Miño . Durante a mañá recoñeceron diferentes especies autóctonas de ribeira para comprender e valorar este ecosistema e o seu papel ecolóxico, ademais de analizar a súa importancia como barreira natural … Leer más

O alumnado do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, protagonista da Semana do Medio Ambiente que culmina este domingo

O alumnado do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé foi o protagonista da semana do Medio Ambiente que culmina este domingo 5 co ‘Día Mundial do Medio Ambiente‘, que este 2022 cumpre 50 anos dende o inicio da súa conmemoración por parte das Nacións Unidas (ONU). Dentro do programa Revitaliza, que vén de distinguir a … Leer más

Convenio entre a Universidade de Vigo e o Concello das Neves

O concello de As Neves ven de establecer un convenio de cooperación educativa coa Universidade de Vigo dentro do Programa Prácticas Campus Rural. Grazas ao mesmo, un alumno da Facultade de Educación e Traballo Social, fará prácticas na EEI de Taboexa e nos Campamentos de Verándo 1 de xullo ata o 31 de agosto. O … Leer más

Ampliación do prazo para participar no concurso artístico do Condado Paradanta, ‘Visións do territorio’PARADANTA

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta, vén de ampliar o prazo do concurso artístico “Visións do Territorio”. Así, as persoas participantes poderán presentar as súas obras ata o 31 de xullo de 2022. Este certame conta con 4 categorías de participación: fotografía, vídeo, pintura e deseño, e está dirixido a todo o público … Leer más