Concello das Neves

Alcaldesas e alcaldes do Condado-Paradanta urxen á Xunta unha reunión para tratar a situación da Atención Primaria na comarca

As alcaldesas e alcaldes do Condado-Paradanta veñen de solicita á Xunta unha reunión urxente para buscar solucións ante a situación que está a atravesar a Atención Primaria na comarca, onde a falta de persoal sanitario provoca un progresivo deterioro da atención sanitaria nos centros de saúde da contorna. Milleiros de persoas sen asignación médica Por … Leer más

Xa podes facer a preinscrición para os campamentos ‘DepoAventura A Lanzada’

Despois de dous anos de parón pola pandemia, a Deputación retoma este 2022 os campamentos de DepoAventura no Centro de Vacacións da Lanzada. Contará con 1.540 prazas adaptadas á nova realidade de prevención e as disposicións que as autoridades sanitarias diten no momento da súa celebración. Prioridade a aquelas nenas e nenos que non puideron participar O programa está aberto … Leer más

Charla sobre estafas, este martes, día 1, nas Neves, a cargo dun especialista da Garda Civil

Lembra que este martes, 1 de marzo, ás 6 da tarde, no Salón Multiusos do edificio de Servizos Sociais das Neves, Miguel Ángel Estévez Vilar, cabo primeiro da Garda Civil de Salvaterra do Miño falará sobre a ‘Prevención de Estafas’. Non hai un dato obxectivo sobre a cuantía das estafas no país, pero algúns datos … Leer más

Este martes, día 1 de marzo, Pleno Ordinario do Concello das Neves

Este martes,  de marzo, ás 20:00h. está convocado o Pleno Ordinario do Concello das Neves que, como sempre, pode seguirse en directo por ‘streaming’ a través das redes sociais municipais no seguinte enlace: https://www.facebook.com/concelloasneves. A orde do día é a seguinte:    

Este sábado, día 26, Queima da Velutina!

O vindeiro sabado, día 26 de febreiro, dende as 19:30h. na Praza Maior, As Neves celebra a ‘Queima da Velutina’, dentro do Entroido 2022. As actividades estarán orientadas aos más cativos que poderán sumarse a un ‘Obradoiro de Manualidades de Entroido’ con corchos, pezas de madeiro ou carozos de millo cos que facer distintas ‘obras … Leer más

A nova biblioteca do IES Pazo da Mercé leva o nome de ‘Rosalía de Castro’

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, a concelleira de Educación, Pilar González Casa, o xefe territorial de Educación, Céser Pérez Ares, e a xornalista e escritora Sara Vila, quen ademáis foi alumna do centro, asistiron este mércores á inauguración da nova biblioteca do IES Pazo da Mercé. As novas intalacións están na que fora a … Leer más

Este xoves, concentración nas Neves en Defensa da Sanidade Pública

O Goberno local das Neves apoia á concentración convocada pola  Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado e a Paradanta para defender, este xoves, día 24 de febreiro,  ás 20:00h diante do Concello, unha ‘Sanidade pública e de calidade’ Dende o Goberno das Neves faise un chamamento a toda a veciñanza a participar nesta … Leer más

En funcionamento a oficina para atender aos propietarios dos terreos da nova Aldea Modelo de A Porteliña

Tal e como comunicaron o Goberno local das Neves e a Xunta de Galicia aos propietarios das terras das parroquias de Tortoreos e Rubiós, na última reunión para avanzar na posta en marcha da nova aldea modelo da Porteliña, dende a semana pasada está aberta unha oficina na que persoal de Espoagro atende aos propietarios,para … Leer más

Os ciclistas participantes no ‘Gran Camiño’, nas Neves este xoves

Galicia recupera, máis de dús décadas despois, unha volta ciclista por etapas. ‘O Gran Camiño’ percorrerá coa retransmisión en directo da televisión, e varios equipos WorldTour -incluido Movistar Team- as catro provincias galegas. As súas etapas, sempre complicadas, nas que as etapas en grupo non están nunca aseguradas, arrancarán o xoves, día 24 de febreiro no … Leer más

Admitidas todas as solicitudes para o ‘Taller de Defensa Persoal para Mulleres’

Rematado o prazo de inscrición para o ‘Taller de Defensa Persoal para Mulleres’, orientado a veciñas das Neves maiores de 12 anos, o Concello informa de que todas as solicitudes foron admitidas. O taller comezará o mércores 2 de marzo ás 18.30 horas e  impartirase os mércores e venres en sesións de 50 minutos, de … Leer más