Concello das Neves

Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves suman forzas nun innovador proxecto de apoio ás mulleres

Os Concellos de Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves veñen de presentar ante a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia un Programa conxunto de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero destinado a mulleres dos tres municipios, que suman mais de 23.000 habitantes. O conxunto das actuacións do … Leer más

Aberto o prazo de solicitude para a atención de ‘Coidados Porta a Porta’ que estará nas Neves os días 4, 5 e 6 de maio

A Consellería de Política Social e Silman 97, a través do programa «Coidados Porta a Porta», prestará, de xeito gratuito, unha serie de servizos destinados ás persoas maiores, en unidades móbiles que estarán nas Neves, os vindeiros días 4,5 e 6 de maio, nos arredores do Centro de Saúde. Solicitude de cita Os servizos, que … Leer más

O requeixo como produto galego de artesanía alimentaria, este venres nas Neves

Este venres, dentro do Programa da XXIX Feira do Requeixo e do Mel, estase a celebran na Casa da Auga de Vide a Xornada Técnica impartida pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria, ‘O requeixo como produto galego de artesanía alimentaria’. A mesma, que foi inaugurada polo alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, aborda o … Leer más

Reaberto o tráfico no centro das Neves

Menos de 48 horas despois de cortar o tráfico para a montaxe da carpa e do resto dos elementos que formarán parte da Feira do Requeixo e da Mel, que terá lugar os días 15 e 16 deste mes de abril  e de aproveitar para realizar unha reparación na rúa, quedou reaberto ao tráfico o centro … Leer más

Restricións no tráfico nas Neves pola montaxe da Feira do Requeixo e da Mel

Co comezou da montaxe da carpa e do resto dos elementos que formarán parte da Feira do Requeixo e da Mel, que terá lugar os días 15 e 16 deste mes de abril, haberá restricións de tráfico no centro urbano. O TRÁFICO estará PECHADO na Rúa Marquesa do Pazo (a partir do Centro Social) e … Leer más

Seguen as obras de reparación da pista de Caiña ao Pousadouro

Logo de tres anos de esixencia continua do Concello das Neves, en especial do primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Marcelino Couto, finalmenente, a Xunta segue coas obras de reparación da pista da Caíña ao Pousadouro. A vía quedara «totalmente desfeita polo paso de camións de gran tonelaxe» para a retirada … Leer más

O Concello pagou xa as axudas pola pandemia a pequenas empresas, comercios e locais de hostalaría

O Concello das Neves xa pagou as achegas a pequenas empresas e locais de hostalería e comercio, correspondentes ás axudas aos sectores máis castigados pola pandemia. O Goberno local aprobou todas as solicitudes presentadas, doce- agás unha que non cumpriu cos requisitos- por importes que van dende 969,55 a 2.985,53€. O total dispoñible para este … Leer más

Vintecatro comunicadores/as e xornalistas saharauís e toda Europa, reunidos/as en As Neves

Vintecatro escritores e xornalistas saharahuís, procedentes de distintos países europeos, están reunidos esta  de semana nas Neves na ‘V Asamblea da Liga de Xornalistas e Escritores Saharauis en Europa’. Trátase dunha xuntanza na que avalían as iniciativas, accións e traballos realizados ata agora para trasladar a realidade das circunstancias nas que sobrevive a poboación saharahuí, … Leer más