Concello das Neves

O Concello comeza a tratar os tileiros da Praza Maior, afectados por un fungo

Especialistas consultados polo Concello veñen de facer distintas análise aos tileiros da Praza Maior, plantados hai 60 anos, e confirmaron que os mesmos están afectados por ‘Diplodia seriata’, un fungo da madeira presente no chan que, cando as árbores están máis débiles, convértese e patóxeno. Endoterapia Nos últimos días estudaron cal sería o mellor tratamento … Leer más

As Neves solicita unha subvención de 783.000€ do Programa DUS 5000 para a mellora do alumeado, aforro enerxético e recarga de vehículos eléctricos

O Goberno municipal vén de presentar solicitude de subvención do Programa DUS 5000 que forma parte do Proxecto de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, está destinado aos concellos de reto demográfico, apoiando actuacións que constitúan proxectos singulares de enerxía limpa. Entre eles están os de eficiencia enerxética en edificios … Leer más

Cursos de formación no coidado de menores

Femupo ( Federación pola Igualdade das Mulleres da provincia de Pontevedra)  en colaboración  co Concello de As Neves,  activa  o ‘Plan Corresponsables’ para dignificar o sector dos coidados e favorecer a conciliación de familias con menores dende un enfoque de igualdade entre mulleres e homes.  Ofrecerase formación co obxectivo de transformar en actividade laboral regulada … Leer más

Voluntariado As Neves fai público, un ano máis, o estado da conta “As Neves Zona 0”

Como xa é habitual, Voluntariado As Neves fai público, un ano máis, oestado da conta ‘As Neves Zona 0’👉  CONTAS As Neves Zona 0,  así como as actividades nas que estivo implicada e iniciativas nas que participou. Durante este último ano continuamos colaborando con todos os centros escolares das Neves a través do proxecto “O … Leer más

Homenaxe ás ‘costureiras’ que confeccionaron os ‘portabocatas’ e as bolsas para o proxecto ‘O Monte Nace na Escola’

O Concello recolleceu o excelente labor que fixeron as ‘costureiras’ que, nos últimos anos, confeccionaron os portabocatas  e as bolsas para o alumnado dos centros educativos das Neves. O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar González Casas, agradeceron o traballo incansable destas mulleres que conseguiron, «cortando e cosendo con agarimo», … Leer más

As traídas de augas de Tortoreos e Liñares, Taboexa Norte, Santiago de Ribarteme e San Cibrán Sur, benefiarias de 20.000 euros de subvencións do Concello

Este 2022, por segundo ano consecutivo, o Concello convocou novas subvencións para as comunidades de usuarios ou traídas de augas das parroquias das Neves. En 2021, grazas a estas axudas, as traídas de augas de San Pedro de Batalláns, Taboexa Norte, Vide e Santiago de Ribarteme, realizaronobras que abrangueron, principalmente, a renovación de tramos das redes … Leer más

Avanzan as obras en tres pistas de Santiago de Ribarteme, Taboexa e San Xosé de Ribarteme

Tal e como se informara hai un mes dende o Concello, avanzan as obas de reasfaltado de tres pistas en tres parroquias das Neves, logo de que o Goberno local obtivese unha subvención do ‘Plan Marco’ da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). Os traballos lévanse a cabo no Camiño do Outeiro, en Taboexa, nun … Leer más

O Concello das Neves consegue preto de 260.000 euros da Deputación para a mellora da mobilidade peonil na estrada EP-4006

O Concello das Neves vén de conseguir preto de 260.000 euros da Deputación de Pontevedra para a mellora da mobilidade peonil na estrada EP-4006. Os traballos, financiados integramente pola Deputación, realizaranse nun treito de 480 metros entre a rotonda que comunica a EP-4006 coa EP-4002 e o IES Pazo da Mercé. No mesmo se dará … Leer más

O Concello leva a cabo a adecuación da antiga casa dos mestres de Cerdeira para vivenda en aluguer

O Concello vén de iniciar as obras de reforma da antiga vivenda dos mestres de Cerdeira, de 106 m2, anexa á antiga escola, que na actualidade funciona como centro social da parroquia, logo das melloras feitas recentemente polo Goberno municipal. Os traballos comprenden un cambio da distribución, renovación dos acabados e das carpinterías, tanto exteriores … Leer más