Concello das Neves

Reunión este domingo, no Campo Municipal Pepe Capón, cos pais e nais dos cativos das cetegorías benxamín e alevín

Este vindeiro domingo, día 28, ás 11:00h., no Campo de Fútbol Municipal ‘Pepe Capón’, aproveitando a disputa dun partido amistosos da categoría infantil, terá lugar a reunión cos pais e nais dos cativos que formarán parte das categorías benxamín e alevín do Nieves F.C. Como informáramos hai un mes, o Concello das Neves, por medio … Leer más

O alcalde mantivo unha reunión de traballo coa conselleira de Infraestruturas

Xosé Manuel Rodríguez plantexou a Ethel Vázquez a necesidade de mellorar o acceso á parroquia de Setados, no Carboeiro, tal e como reclaman os veciños dende hai máis dunha década O alcalde das Neves, mantivo unha reunión de traballo en Santiago coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para tratar varios temas pendentes que … Leer más

O Concello empezará a multar aos donos que non limparon as súas fincas de maleza

O Concello das Neves iniciou o procedemento para multar aos propietarios das fincas que non procederon a retirar a maleza e o arborado prohibido, aumentando así o risco de incendios forestais. O Goberno local aplicará a Lei de Prevención e Defensa de incendios forestais de Galicia que establece que os donos de todos os terreos … Leer más

As Neves reivindica a súa memoria histórica cun libro sobre o seu pasado e coa retirada de símbolos franquistas

Este pasado venres foi un día de reivindicación da historia contemporánea e da memoria histórica no concello das Neves. Así se puxo de manifesto no acto organizado polo departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra e o propio Concello para a presentación do libro ‘As Neves. Notas de historia contemporánea 1836/1956’ de Xosé Ramón … Leer más

Salceda, Salvaterra e As Neves seguen adiante co programa ‘Mulleres’

O programa ‘Mulleres’ continúa durante este mes de xullo, agosto e setembro, en Slceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves, con diferentes obradoiros e actividades. O xoves, 21 de xullo, ás 10:00h. na Aula de Formación (rúa Esperanza), está programado o obradoiro ‘Activa a túa mente’. Martes, 2 de agosto, ás 10:00h., tamén … Leer más

Convocadas as axudas municipais a entidades sen fins de lucro

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPP) publica este xoves (07/07/2022) os anuncios da apertura de prazo para solicitar as axudas municipais do Concello das Neves a entidades sen fins de lucro do ano 2022. O prazo estará aberto un mes dende hoxe. As axudas son as seguintes:   PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS … Leer más

Adiada a presentación do libro ‘As Neves. Notas de Historia Contemporánea 1836/1956’

Adiada a presentación que estaba prevista para este 8 de xullo, ás 19:00h., na Igrexa das Neves, onde a deputada de Patrimonio Documental e Bibliográfico e Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, María Ortega, e o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, presentarían a sinalización explicativa da memoria histórica do concello e, de seguido, na … Leer más

Abertas as Piscinas Municipais das Neves

Dende o pasado día 25 de xuño, e ata o vindeiro 11 de setembro, como informamos nas redes sociais do Concello, están abertas as Piscinas Municipais das Neves en horario de 15:00h- a 21:00h. Non é precisa reserva para entrar e as mesmas conta con servizo de socorrismo e cantina.

Pleno do Concello das Neves

O Pleno da Corporación das Neves reúnese este martes, día 5 de xullo ás 20:00h. Como vén sendo habitual, a sesión pode seguirse en directo, por streaming, no muro do Facebook do Concello. Orde do día: