Concello das Neves

Este mércores, 1 de xuño, ábrese o prazo de inscrición para os Campamentos de Verán das Neves

O Concello das Neves abre este mércores, 1 de xuño, e ata o vindeiro día 17, -ámbolos dus dous  incluidos- o prazo de inscrición nos Campamentos Municipais de Verán. Facilitar a conciliación Os campamentos teñen coma obxectivo facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, ocupando o tempo libre das crianzas en idade escolar de forma organizada … Leer más

Talleres para mulleres en búsqueda de emprego

A Fundación Mulleres e o Concello de As Neves organizan talleres gratuítos para mulleres entre 18 e 65 anos co obxectivo de fomentar a súa empregabilidade e empoderamento. Serán dúas sesións de tres horas que se realizarán no mes de xuño, para o que se require un mínimo de 10 persoas interesadas.  As datas, lugar … Leer más

O Concello intensifica a ‘Campaña de Educación e Concienciación Vial’

Dende hai varios días, o Concello está a levar a cabo unha ‘Campaña de Educación e Concienciación Vial’ coa finalidade de evitar que os vehículos estacionen en lugares prohibidos, dentro do casco urbano. Aparcar mal afecta ás persoas Aparcar mal pode afectar a persoas con mobilidade reducida, impedindo que se despracen con tranquilidade. Tamén pode … Leer más

O Concello deixa de recoller tapóns de plástico que poden deixarse nos contedores amarelos

Desde este venres, As Neves deixa de recoller tapóns de plástico, tanto no Concello como no edificio de Servizos Sociais.  Dende a Concellería de Medio Ambiente faise un chamamento para que tanto os tapóns como os envases se depositen nos contedores amarelos. Os colectores amarelos son os axeitados para a reciclaxe de plásticos, latas e … Leer más

Os palistas que participan na II Gold River Race, este domingo, día 15 nas Neves

A segunda edición da Gold River Race, a competición de piragüismo de estilo ultramaratón que se atopa entre as máis longas do mundo e que xa está a converterse nun referente internacional, pasará esta fin de semana polas Neves. A proba, dun total de 100 quilómetros, arrancou este venres, día 13, en Lugo e tralo … Leer más

As Neves acollerá unha das accións do programa ‘Mulleres en Acción Violencia Zero’, da Deputación de Pontevedra

As Neves acollerá unha das accións que conforman a VII edición do programa ‘Mulleres en Acción Violencia Zero’ da Deputación de Pontevedra. Estará dirixida a 44 rapazas e rapaces de 3º da ESO do IES Pazo da Mercé e realizarase na Casa da Xuventude. O martes 24 de maio de 10.30 a 13,30 levarase a … Leer más

O Concello tramitou más de 400 denuncias presentadas polos veciños por terreos sen limpar

O Concello das Neves comunicou aos propietarios de máis de 1.000 fincas que teñen que telas rozadas antes do 31 de maio para reducir ao mínimo o risco de incendios. Ademais, tramitou máis de 400 denuncias presentadas por veciñas e veciños por terreos con maleza, que os seus donos non limpan. «Todas as denuncias presentadas … Leer más

Este luns, 9 de maio volve ‘O Concello Escoita’

O Goberno local retoma dente a vindeira semana as reunións coas veciñas e veciños de todas as parroquias das Neves. O programa ‘O Concello escoita’, regresa logo dun paréntese de catro anos, forzado polas consecuencias dos incendios de  outubro de 2017 e pola pandemia da COVID. Durante as vindeiras semanas, o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez … Leer más

Comezou nas Neves o programa ‘Coidados Porta a Porta’

A Consellería de Política Social comezou hoxe nas Neves o programa «Coidados Porta a Porta», que presta, de xeito gratuito, unha serie de servizos destinados ás persoas maiores, en unidades móbiles que estarán nas Neves, este mércores, día 4, o xoves, 5 e o venres,  6 de maio, nos arredores do Centro de Saúde. Solicitude de cita Os … Leer más

O Concello convocará as segundas subvencións para as comunidades de usuarios ou traídas de augas das parroquias

Este 2022, por segundo ano consecutivo, o Concello das Neves convocará novas subvencións para as comunidades de usuarios ou traídas de augas das parroquias. En 2021, grazas a estas axudas, as traídas de augas de San Pedro de Batalláns, Taboexa Norte, Vide e Santiago de Ribarteme, realizaron obras que abrangueron, principalmente, a renovación de tramos … Leer más