Concello das Neves

O Concello segue adiante co seu proxecto de mellora de infravivendas e actuará en 7 casas de cinco parroquias

-Mellorará as condicións de vida de veciñas e veciños de San Xosé de Ribarteme, Tortoreos, Estación, Santiago de Ribarteme, San Pedro de Batalláns, Setados e Vide O Concello das Neves segue adiante coa rehabilitación de vivendas e xa ten en marcha as obras en dúas casas máis, unha na parroquia de San Xosé de Ribarteme … Leer más

Lucía Rodríguez, primeira deportista galega de badminton en conseguir unha medalla individual nun campionato de Europa

Imaxe: badminton.es/Éxito absoluto dos nosos representantes no Campionato Europeo Junior  2022 en Belgrado (#EJC22). Despois de que Lucía Rodríguez e Basilio Porto, do Badmintón As Neves, conseguiran a medalla de bronce por equipos coa Selección Española agora toca outra enorme alegría: Lucía Rodríguez como deportista «individual» vai ser a primeira deportista galega de badminton en … Leer más

Reunión este domingo, no Campo Municipal Pepe Capón, cos pais e nais dos cativos das cetegorías benxamín e alevín

Este vindeiro domingo, día 28, ás 11:00h., no Campo de Fútbol Municipal ‘Pepe Capón’, aproveitando a disputa dun partido amistosos da categoría infantil, terá lugar a reunión cos pais e nais dos cativos que formarán parte das categorías benxamín e alevín do Nieves F.C. Como informáramos hai un mes, o Concello das Neves, por medio … Leer más

Veciñas e veciños da Communauté Des Communes de Sud-Retz Atlantique visitan As Neves

-Dende 2003 está unida co concello nevense, que mantén unha importante colonia de emigrantes, que xa teñen fillos e netos, en varios concellos desta rexión de Francia 38 veciños e veciñas da Communauté de Communes Sud-Retz Atlantique, en Francia, rexión que está irmandada coas Neves, visitaron o noso concello e estiveron aloxados en casas particulares. … Leer más

As Neves reivindica a súa memoria histórica cun libro sobre o seu pasado e coa retirada de símbolos franquistas

Este pasado venres foi un día de reivindicación da historia contemporánea e da memoria histórica no concello das Neves. Así se puxo de manifesto no acto organizado polo departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra e o propio Concello para a presentación do libro ‘As Neves. Notas de historia contemporánea 1836/1956’ de Xosé Ramón … Leer más

Salceda, Salvaterra e As Neves seguen adiante co programa ‘Mulleres’

O programa ‘Mulleres’ continúa durante este mes de xullo, agosto e setembro, en Slceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves, con diferentes obradoiros e actividades. O xoves, 21 de xullo, ás 10:00h. na Aula de Formación (rúa Esperanza), está programado o obradoiro ‘Activa a túa mente’. Martes, 2 de agosto, ás 10:00h., tamén … Leer más

Adiada a presentación do libro ‘As Neves. Notas de Historia Contemporánea 1836/1956’

Adiada a presentación que estaba prevista para este 8 de xullo, ás 19:00h., na Igrexa das Neves, onde a deputada de Patrimonio Documental e Bibliográfico e Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, María Ortega, e o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, presentarían a sinalización explicativa da memoria histórica do concello e, de seguido, na … Leer más

Abertas as Piscinas Municipais das Neves

Dende o pasado día 25 de xuño, e ata o vindeiro 11 de setembro, como informamos nas redes sociais do Concello, están abertas as Piscinas Municipais das Neves en horario de 15:00h- a 21:00h. Non é precisa reserva para entrar e as mesmas conta con servizo de socorrismo e cantina.

Pleno do Concello das Neves

O Pleno da Corporación das Neves reúnese este martes, día 5 de xullo ás 20:00h. Como vén sendo habitual, a sesión pode seguirse en directo, por streaming, no muro do Facebook do Concello. Orde do día: