Concello das Neves

Ampliación do prazo para participar no concurso artístico do Condado Paradanta, ‘Visións do territorio’PARADANTA

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta, vén de ampliar o prazo do concurso artístico “Visións do Territorio”. Así, as persoas participantes poderán presentar as súas obras ata o 31 de xullo de 2022. Este certame conta con 4 categorías de participación: fotografía, vídeo, pintura e deseño, e está dirixido a todo o público … Leer más

Este mércores, 1 de xuño, ábrese o prazo de inscrición para os Campamentos de Verán das Neves

O Concello das Neves abre este mércores, 1 de xuño, e ata o vindeiro día 17, -ámbolos dus dous  incluidos- o prazo de inscrición nos Campamentos Municipais de Verán. Facilitar a conciliación Os campamentos teñen coma obxectivo facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, ocupando o tempo libre das crianzas en idade escolar de forma organizada … Leer más

O alcalde das Neves asina o protocolo para a creación dunha ‘Eurocidade’, xunto con Arbo, Crecente, A Cañiza e Melgaço

O alcalde das Neves  asinou xunto cos rexedores de A Cañiza, Arbo, Crecente, e o presidente da Cámara Municipal de Melgaço, un protocolo de cooperación para crear, entre os cinco concellos unha «Eurocidade». Xosé Manuel Rodríguez Méndez que a cooperación transfronteiriza é esencial para estreitar a unión persoal, social, histórica, cultural e económica que existe … Leer más

Vintecatro comunicadores/as e xornalistas saharauís e toda Europa, reunidos/as en As Neves

Vintecatro escritores e xornalistas saharahuís, procedentes de distintos países europeos, están reunidos esta  de semana nas Neves na ‘V Asamblea da Liga de Xornalistas e Escritores Saharauis en Europa’. Trátase dunha xuntanza na que avalían as iniciativas, accións e traballos realizados ata agora para trasladar a realidade das circunstancias nas que sobrevive a poboación saharahuí, … Leer más

Máis de 50 alumnos do IES Pazo da Mercé plantarán, este luns, 200 árbores autóctonas contra a crise climática

Con motivo do ‘Día da Árbore’, este ñuns 21 de Marzo os rapaces de cuarto da ESO e primeiro de Bacharelato do IES Pazo da Mercé levarán a cabo unha plantación de 200 árbores autóctonas nun terreo cedido pola Comunidade de Montes de Taboexa. ‘As Neves verde autóctono’ Esta actividade enmárcase dentro dun proxecto chamado … Leer más

Aberto o prazo para participar no III Concurso Artístico do Condado Paradanta

O GDR Condado Paradanta ven de publicar as bases do novo certame “Visións do territorio: III concurso artístico do Condado Paradanta”, que nesta nova edición contará con catro categorías, fotografía, vídeo, pintura e deseño gráfico. As e os concursantes poderán presentar as súas obras ata o 31 de maio as 14:00 horas. O concurso está … Leer más

Convocatoria da Deputación de subvencións para actividades que organicen as entidades culturais sen fins de lucro

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases reguladoras da concesión de subvencións públicas destinadas á realización de actividades culturais que organicen as entidades culturais sen fins de lucro da provincia  co fin de contribuír á promoción, protección e difusión do patrimonio cultural, así como á dinamización cultural da provincia. O obxectivo estas subvencións … Leer más

Este sábado, día 26, Queima da Velutina!

O vindeiro sabado, día 26 de febreiro, dende as 19:30h. na Praza Maior, As Neves celebra a ‘Queima da Velutina’, dentro do Entroido 2022. As actividades estarán orientadas aos más cativos que poderán sumarse a un ‘Obradoiro de Manualidades de Entroido’ con corchos, pezas de madeiro ou carozos de millo cos que facer distintas ‘obras … Leer más

A nova biblioteca do IES Pazo da Mercé leva o nome de ‘Rosalía de Castro’

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, a concelleira de Educación, Pilar González Casa, o xefe territorial de Educación, Céser Pérez Ares, e a xornalista e escritora Sara Vila, quen ademáis foi alumna do centro, asistiron este mércores á inauguración da nova biblioteca do IES Pazo da Mercé. As novas intalacións están na que fora a … Leer más

Día das persoas usuarias da Biblioteca

O pasado martes 11, data na que se conmemorou o ‘Día das Persoas Usuarias das Bibliotecas’, o Concello das Neves agasallou as dúas usuarias que máis préstamos bibliotecarios realizaron durante o ano 2021. Foron dúas cativas que visitan a Biblioteca Municipal con moita asiduidade e que de seguro son embaixadoras da lectura. Dende o Concello … Leer más