Concello das Neves

Acto de cambio de nome do Auditorio Municipal, que pasará a chamarse ‘José Gil’

O Auditorio Municipal cambiará de nome e pasará a chamarse ‘José Gil’. O último Pleno do Concello aprobou a proposta do Goberno local de que a principal sala de conferencias, concertos, actuacións, reunións, espectáculos e actos das Neves leve o nome dun dos nevenses máis sobranceiros. A proposición do Goberno contou cos votos a favor … Leer más

A XXX Feira do Requeixo e do Mel xa ten cartaz

A XXX Edición da Feira do Requeixo e do Mel das Neves, xa ten cartaz. O xurado elixiu a obra da artista Sandra Táboas González, titulada ‘As mulleres de sempre’, como a imaxe da feira deste ano que se celebrará os vindeiros días 7 e 8 de abril. Sandra, veciña de San Pedro de Batalláns, … Leer más

As Neves celebra o #8M facendo visibles a mulleres invisibles

As Neves celebrou este mércores o Día Internacional da Muller, xunto coas alumnos e alumnas do IES Pazo da Mercé, centro no que decubriron un mural deseñado por Ainara Álvarez, ex alumno dio instituto que gañou en 2021 o 1º Premio do Concurso Mulleres de Galicia, coa obra que conmemorou este #8M, realizada por Aldara … Leer más

O Goberno proporá este martes que o Centro Cultural das Neves leve o nome de José Gil

O Goberno local levará este martes ao Pleno do Concello (20:00h.) a proposta de cambio de nome do Centro Cultural das Neves, de xeito que pase a chamarse ‘José Gil’. O pai do cine en Galicia José Gil (Rubiós, As Neves, 1870-Vigo, 1937)  está considerado como pai do audiovisual galego. Foi o primeiro  produtor do … Leer más

Vide estrea a experiencia de ‘Mulleres Extramuros’ que encherá a parroquia de arte contemporánea

Arte de vangarda, mundo rural, igualdade, sostibilidade e intervención do espazo público son as claves do proxecto da “Mulleres Extramuros” cuxa segunda edición vén de arrancar nas Neves, impulsada pola Deputación. A parroquia de Vide tomou o relevo á parroquia de Cortegada en Silleda, lugar protagonista o pasado ano. A Casa da Auga foi o … Leer más

Todo listo en Vide para iniciar ‘Mulleres Extramuros’ o vindeiro sábado 4 de marzo

A 2ª edición de “Mulleres Extramuros” que comezou en 2022 en Cortegada, no concello de Silleda, chegará o vindeiro sábado, día 4 de marzo a Vide, para encher esta parroquia das Neves de proxectos artísticos deseñados por e con mulleres o núcleo de Vide. A través desta iniciativa colaborativa, presentada o pasado día 13 pola … Leer más

Comeza o ‘ano de José Gil’, o nevense considerado o pai do cinema en Galicia

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, e a concelleira de Cultura, Rocío Barreiro, asistiron no museo MARCO de Vigo, a poucos metros onde montou, en 1910, a primeira produtora da historia de Galicia, á presentación do proxecto “José Gil. Pontevedra, provincia de cine. Na orixe do cinema”, que renderá homenaxe durante todo este ano 2023, … Leer más

As Neves acollerá, en Vide, a 2ª edición de ‘Mulleres Extramuros’

Tiro de saída á segunda edición de “Mulleres Extramuros” que comezou o pasado ano en Cortegada (Silleda) e chega  ata As Neves para encher de proxectos artísticos deseñados por e con mulleres o núcleo de Vide. A través desta iniciativa colaborativa, presentada pola presidenta da Deputación Carmela Silva, o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez … Leer más

Aberto o prazo para participar no concurso de carteis da ‘XXX Feira do Requeixo e Mel’

O Concello de As Neves convoca concurso de carteis con motivo da celebración da “XXX FEIRA DO REQUEIXO E MEL”, que terá lugar os días 7 e 8 de Abril de 2023. Este concurso ten como obxectivo deseñar o cartel da Feira, promovendo así unha das principais festas gastronómicas do municipio. As Propostas deberán ser … Leer más

‘Mulleres en Acción. Violencia Zero’, nas Neves

As Neves recibiu unha nova edición do programa da  Deputación de Pontevedra  “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, que ten coma obxectivo concienciar desde a arte contra as violencias machistas. Hoxe presentou unha acción titulada “O lugar da fenda”, protagonizada pola ceramista Verónica Moar e a bailarina e coreógrafa Rut Balbís. A Casa da Xuventude contou … Leer más