Concello das Neves

Obras de ‘Mellora da Accesibilidade e Seguridade Vial’ en estradas e camiños das Neves

Continuando co ‘Plan de Accesibilidade do Concello das Neves 2019-2023’, que ten coma obxectivo facilitar os accesos das veciñas e veciños ás súas casas, tal e como se ven facendo deseguido os pasados catro anos, continúan as obras, que contan cunha achega de 118.994,86 €.   Agora mesmo, están en marcha en: Escaravilleira – Santiago … Leer más

Salceda e As Neves renovan dous anos máis o servizo conxunto de Atención Temperá

A alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón, e o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez, mantiveron xunto coas concelleiras de Servizos Sociais de ambos concellos, Angela Ledo e Pilar González, unha reunión para renovar o compromiso de prestación conxunta do Servizo de Atención Temperá e avaliar o impacto deste servizo na poboación. Ata 2024 Tanto … Leer más

Comeza o ‘ano de José Gil’, o nevense considerado o pai do cinema en Galicia

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, e a concelleira de Cultura, Rocío Barreiro, asistiron no museo MARCO de Vigo, a poucos metros onde montou, en 1910, a primeira produtora da historia de Galicia, á presentación do proxecto “José Gil. Pontevedra, provincia de cine. Na orixe do cinema”, que renderá homenaxe durante todo este ano 2023, … Leer más

As Neves acollerá, en Vide, a 2ª edición de ‘Mulleres Extramuros’

Tiro de saída á segunda edición de “Mulleres Extramuros” que comezou o pasado ano en Cortegada (Silleda) e chega  ata As Neves para encher de proxectos artísticos deseñados por e con mulleres o núcleo de Vide. A través desta iniciativa colaborativa, presentada pola presidenta da Deputación Carmela Silva, o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez … Leer más

O Concello segue adiante coas obras de mellora da pavimentación en camiños municipais

Paralelamente, e ao mesmo tempo que se realizan os obras de emerxencia, ás que o Concello destina 195.000 euros, segue adiante a mellora da pavimentación en camiños municipais que conta cun orzamento de 119.110,77 euros, procedente do ‘Plan Concellos’ da Deputación de Pontevedra. Máis polo miudo, están realizándose traballos en: Sequeirós – San Cibrán de … Leer más

O Concello destina preto de 195.000 euros ás obras de emerxencia, que comezan esta semana, para reparar os danos do temporal

O Concello comezará a finais desta mesma semana as obras de emerxencia necesarias logo dos danos causados polo temporal do nadal.  As mesmas foron encargadas a dúas empresas das Neves, de xeito directo mediante un procedemento de urxencia. Inicialmente o Goberno municipal estimara un orzamento de emerxencia superior aos 100.000 euros, pero finalmente, á vista … Leer más

Aberto o prazo de presentación de ofertas para optar á concesión da cafetería do Centro Social

A Plataforma de Contratación do Sector Público, publicou as bases para a concesión administrativa de uso privativo da cafetería do Centro Social das Neves. Podes consultar aquí: Anuncio publicación Pliegos

As Neves, xunto con outros 12 concellos, urxe á Xunta a declaración de a zona de Emerxencia polos temporais

Alcaldesas e alcaldes de trece concellos do sur da provincia de Pontevedra afectados polas inundacións sufridas o pasado Nadal e Aninovo, urxen á Xunta de Galicia que declare o territorio como Zona de Emerxencia de Protección Civil e estableza medidas de apoio económico para asumir a rehabilitación dos municipios. Carta ao presidente da Xunta Xusto cando se cumpre un mes desta … Leer más

Aberto o prazo para participar no concurso de carteis da ‘XXX Feira do Requeixo e Mel’

O Concello de As Neves convoca concurso de carteis con motivo da celebración da “XXX FEIRA DO REQUEIXO E MEL”, que terá lugar os días 7 e 8 de Abril de 2023. Este concurso ten como obxectivo deseñar o cartel da Feira, promovendo así unha das principais festas gastronómicas do municipio. As Propostas deberán ser … Leer más

Abre o prazo de inscrición para ‘DepoAventura A Lanzada’

A Deputación abriu este martes, 31 de xaneiro, o prazo para participar no programa DepoAventura A Lanzada, que se espallará entre o 25 de xuño e o 9 de setembro nas instalacións que a institución provincial ten no Grove. Así, ata o 28 de febreiro poderase solicitar algunha das 1.540 prazas ofertadas para desfrutar do completo programa de lecer que … Leer más