Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
logo

Almiñas da Baldeira


O máis destacado deste peto, labrado no ano 1786, é a decoración barroca en forma de modillóns afrontados que presenta a súa base. O retablo, que estivo policromado, aparece presidido polo Espírito Santo en forma de pomba voadora e inmediatamente por debaixo atopamos un freire vestido con hábito, axudando a liberar as ánimas entre as lapas. Entre as almiñas que padecen o lume están unha muller e, coroada, unha figura masculina que Fernández de la Cigoña identifica co Rei de España.


BESbswy