Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
logo

Cruceiro de Covalagarto

Tamén chamado Cruceiro das Bugalleiras.
Ergueuse no ano 1859 sobre unha vara cilíndrica e lisa cuberta por un capitel de catro lados curvos con tres cabeciñas e unha caveira nas partes centrais aos pés do Santo Cristo. O capitel é de forma esferoidal, aínda que na parte alta aparece o astrágalo cos catro lados e na inferior vese o hemisferio co seu ecuador marcado. Soporta unha cruz rectangular que amosa figuras por ambas caras. No anverso, baixo a cartela do INRI, podemos ver a imaxe dun Cristo pegado ao madeiro, coa cabeza inclinada cara á dereita e as mans pechadas. Polo reverso hai unha imaxe pequena da Virxe María coroada, co meniño Xesús no brazo dereito no canto do esquerdo, que resulta máis habitual.



BESbswy