Peto de Ánimas da Moreira
Trátase dun Peto de tipo aberto, cun fornelo ovalado de pouco fondo que contén un retablo de pedra. Caixón grande, con porta de ferro por debaixo do retablo. Vese coroado por unha cruz de ferro. O retablo é de pedra policromada e de estilo moderno, polo que posiblemente substituíse un máis antigo. Vese presidido por un frade franciscano que leva entre as súas mans un bonete e por debaixo del aparecen tres ánimas entre as lapas en posición recollida e coas mans unidas en oración, sendo a do medio un cura.