Almiñas de Leiradiño
Sitúase incrustado no muro que pecha a Casa Uma, á beira do Camiño Vello de Lira e nas proximidades da Mina de Leiradiño. Perdeu o seu retablo de madeira e carece de caixón de esmolas. Destaca polo seu fornelo pequeno, rectangular e arqueado por riba cun dobre rebordo en relevo. Foi labrado no ano 1840 por ofrenda dun devoto que responde ás iniciais de I.A.D.