Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
logo

Cruceiro da Capela de San Sebastián


Vémolo á beira desta capela do lugar da Moreira. Cóbrese por un capitel de catro lados algo curvos e cilíndrico por abaixo, que presentan cabeciñas de anxo nas partes centrais afastadas por volutas. Serve de apoio a unha cruz rectangular coas arestas rebaixadas e os extremos rematados en cadrados. Presenta un Cristo pegado ao madeiro, baixo carteleira de INRI, coa cabeza inclinada cara á dereita. Os dedos amósanse pechados arredor dos cravos, salvo os da man dereita, que presenta dous deles estendidos en actitude de bendicir. Pano de pureza anoado á esquerda, e pé dereito cubrindo o esquerdo. Por detrás hai unha Virxe de pé, sobre pousadoiro de cabeciña de anxo co meniño Xesús no colo.


BESbswy