Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
logob

A parroquia de Taboexa está situada ao noroeste do concello das Neves, na aba occidental do monte San Nomedio. Ten unha extensión de 7 km cadrados e uns 439 habitantes que viven en 43 lugares. Carece de ríos, pero está regada por diferentes regueiros. Taboexa destaca pola súa boa orientación en dirección oeste e pola cómoda orografía dos seus barrios e lugares. A nosa parroquia é unha das máis antigas de Galicia, como proba a súa inclusión no Parroquial Suevo do ano 570. Alí aparece citada como Tabolela xunto con outras 133 freguesías do Reino de Galicia, que incluía parte de León e o norte de Portugal.

BESbswy