Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
logo

Cruceiro das Barreiras


Vémolo dentro do Eido do Neto, pero á beira do camiño. Presenta como alicerce único unha base cúbica na que se finca unha vara rectangular nos seus inicios e despois coas arestas rebaixadas que se une directamente sen capitel a unha cruz latina cos ángulos en chafrán e acabados os extremos en cadrado, que carece de imaxes e adobíos.

Cóntase que a cruz levantárona os soldados franceses durante a invasión napoleónica que tivo lugar entre 1808 e 1814, pois alí seica morrera un deles. Con todo, unha inscrición do traveseiro, onde figura o ano de 1691, parece desmentir esta lenda.


BESbswy