Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
logo

Capela de San Bartolomeu


Está situada sobre un coto nas proximidades do castro da Altamira. San Bartolomeu, que foi un dos doce apóstolos de Xesús, celebra a súa festa o 24 de agosto. Ese día toda a parroquia sobe á capela levando consigo “toda clase de animales, que se pujarían al final, para beneficio de la fiesta. Y nombraron a San Bartolomé el santo que quita el miedo, por tener el demonio preso con cadenas a sus piés (...) Aún hoy, el día 24 de Agosto, fiesta de San Bartolomé, se reciben «croques» del santo para perder el miedo, y la parroquia sigue llevándole toda clase de animales", apunta Míguez Álvarez.

O 29 de novembro de 1730 fúndase unha capelanía do mesmo nome. Creouna D. Bartolomé Fortes Ucha, herdeiro de D. Félix Fortes Ucha, abade das parroquias de Cela e Zamáns. D. Bartolomé, o fundador, era licenciado e crego da parroquia de Corzáns. Este relixioso foi un dos capeláns e continuador de diferentes obras pías que promovera en Corzáns D. Bartolomé Barbeyto y Padrón, inquisidor xeral de Galicia entre 1677 e 1688.

D. Bartolomé Fortes ergueu esta fermosa capela barroca, que loce bóveda de pedra e boa cantería, baixo a advocación do santo que lle deu nome. A capela aparece adscrita á capelanía que funda e que dota de múltiples bens, case todos na parroquia de Taboexa.

Na visita pastoral de 1780 ordénase que se compre unha culleriña para o cáliz, un crucifixo e que se compoña o tellado con cal e se instale unha tarima de madeira no chan. En 1817 tiña por mordomo ao seu patrón, o presbítero D. Félix Rodríguez Fortes, que arranxou a porta da ermida. Na documentación relativa ás obras executadas en 1854 indícase que “tiene 6 metros de longitud y cinco de latitud”. Sinálase ademais que a capela é de padroado de sangue, isto é, que se trata dunha fundación ou obra familiar de carácter relixioso. O padroado financiaba a celebración de dúas misas cantadas, unha o día do seu patrón, San Bartolomeu, e outra o día de San Fernando, así como doce mensuais e outra rezada o día da Virxe do Carme. Indícase que o padroado ten de seu todo o suficiente para a celebración do Sacrificio da Misa e bens abondo para cubrir as súas cargas e soster o templo.


BESbswy