Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
Sorry, we have no imagery here.
logo

Capela de San Vicente


A capela de San Vicente está en el lugar do Santo que, durante a Idade Moderna, formaba un Couto xurisdicional propio que tamén incluía os lugares dos Píos, Custoura, O Caneiro, O Corvo e Perdeán. A pesar das súas dimensións, o antigo barrio do Couto estaba suxeito “al Juez qe en el hay, y lo demas dela parroquia á la Justicia de Salvatierra”, escribe Ávila y La Cueva (1852). En 1528 aparece citada como unha ermida en mal estado de conservación: "...Iten esta otra hermita de san Vicente tambyen está caida no tyene propiedad ninguna...". Dous séculos máis tarde, en 1754, volve ser citada. Uns anos máis tarde, en 1780, a visita pastoral ordena que na capela “de Sn Vizte: que se quemen los corps (corporales) por indezentes, y qe se hagan 2 juegs y 4 purifidores... que se repase el tejado". Na visita de 1854 afírmase que nela se celebra misa algunha vez e, todos os anos, o 22 de xaneiro, a festa do santo titular. No mesmo documento dise que a capela é propia da parroquia e que ten unhas dimensións de “seis metros de longitud y cinco de latitud”. O Mordomo ou coidador da capela de San Vicente en 1819 era Francisco Carrera, do lugar dos Píos.


BESbswy